Paulo Varela Gomes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaPaulo Varela Gomes
Biografía
Nacemento29 de outubro de 1952 Editar o valor em Wikidata
Lisboa, Portugal Editar o valor em Wikidata
Morte30 de abril de 2016 Editar o valor em Wikidata (63 anos)
Podentes, Portugal (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadePortugal Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Lisboa Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoEstudo da historia da arte e historia da arquitectura Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónhistoriador , historiador da arte , escritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua portuguesa Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 21499

Paulo Varela Gomes, nado en Lisboa o 28 de outubro de 1952 e finado en Podentes, Penela, o 30 de abril de 2016, foi un crítico, escritor, historiador de arquitectura e profesor universitario portugués.[1][2][3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Era fillo do coronel Varela Gomes, figura destacada na loita contra o réxime ditatorial portugués. Estudou Historia na Facultade de Letras de Lisboa. Foi profesor dos ensinos secundario e universitario, investigador no CES-Centro de Estudos Sociais e docente do programa de doutoramento Patrimónios da Influência Portuguesa ata xubilarse en 2012. Foi militante da UEC – União dos Estudantes comunistas- e do PCP, antes de integrar o grupo fundador do Movimento Política XXI, unha das correntes que deu orixe ao Bloco de Esquerda.[4]

Autor de artigos e libros da súa área de especialidade (historia da arquitcetura e da arte), foi tamén colaborador e cronista permanente de varios xornais e revistas, sobre todo o Público.[3]

Foi coautor e presentador da serie documental O Mundo de Cá, emitida pola RTP durante os anos 90, que trataba sobre a presenza portuguesa no Oriente na época da Expansión.[5] Tamén de Malta Portuguesa (2002).[6]

Faleceu en 2016 vítima de cancro na otofarinxe, que sufría desde 2012.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Hotel (2014). Tinta de China. A historia dun estraño hoteleiro, do seu enigmático hotel, dunha pasaxe secreta e en tempos obstruída, do vicio pouco ortodoxo de que o hoteleiro é vítima e cómplice, das dúas mulleres coas que mantén relacións ambiguas, da perplexidade ou inocencia dos hóspedes.[7]
  • O Verão de 2012 (2014). Tinta de China. Durante o verán de 2012, un psiquiatra e o seu paciente conversan e trocan correspondencia sobre o confronto entre a vida e a morte.
  • Ouro e Cinza (2014). Tinta de China. Crónicas sobre Bichos | Estética | Este país | India | O campo | O tempo.
  • Era Uma Vez em Goa (2015). Tinta de China. En 1963, dous anos volvidos sobre a expulsióno dos portugueses da India. Os territorios de Goa, Damão e Diu encóntramse so o dominio aínda ambiguo do goberno indiano.
  • Passos Perdidos (2016). Tinta de China. Visita lugares e tempos diferentes: a illa de Santa Helena (último exilio de Napoleón Bonaparte) e unha aldea marroquina no inicio do século XXI, París, Antuérpia, Bruxelas, Múnic e Milán na década de 1970, Bijapur, Bombai e a ilha de Diu no final da década de 1980.
  • A Guerra de Samuel e outros contos (2017). Tinta de China. Relatos póstumos.

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • O Essencial Sobre a Arquitectura Barroca em Portugal (1987). INCM – Imprensa Nacional Casa da Moeda.
  • Viana do Castelo (1990). Con João Vieira Caldas. Editorial Presença.
  • Teehaus Boa Nova / Casa de Chá di Boa Nova - Álvaro Siza (1999). Luiz Trigueiros, Nuno Portas e Paulo Varela Gomes. Editorial Blau.
  • Vieira Portuense. Pintores portugueses (2001). Edições Inapa.
  • Arquitectura, Religião e Política em Portugal no Século XVII - A Planta Centralizada (2001). FA.UP - Faculdade de Arquitectura da Universidade Porto.
  • Himalayan Express. Mantra, Memória e Viagem na Índia ( 2002). Edições Almedina.
  • Murphy - Revista de História e Teoria da Arquitectura e do Urbanismo N.º 1 (2006). Imprensa da Universidade de Coímbra. Portugués e inglés.
  • Murphy - Revista de História e Teoria da Arquitectura e do Urbanismo N.º 2 (2007). Imprensa da Universidade de Coímbra. Portugués e inglés.
  • 14,5 Ensaios de História e Arquitectura (2007). Edições Almedina.
  • Anos 1980 (2012). Con Jorge Figueira. Circo de Ideias.Reflexión sobre o impacto dos anos 1980 na arquitectura portuguesa.

Premios[editar | editar a fonte]

  • 2014: Prémio P.E.N. Clube Português de Novelística por Hotel
  • 2015: Grande Prémio de Romance e Novela APE/IPLB por Era Um.a Vez em Goa

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Paulo Varela Gomes. História da Arquitetura perde pioneiro - DN". www.dn.pt (en portugués). Consultado o 2020-04-09. 
  2. SAPO. "Pesquisa". SAPO (en portugués). Consultado o 2020-04-09. 
  3. 3,0 3,1 "Paulo Varela Gomes. Wook". www.wook.pt (en portugués). Consultado o 2020-04-09. 
  4. "Visão. Morreu Paulo Varela Gomes, escritor, historiador, cronista, homem vertical". Visão (en portugués). 2016-04-30. Consultado o 2020-04-09. 
  5. Portugal, Rádio e Televisão de. "O Mundo de Cá - Documentários - Informação - RTP". www.rtp.pt. Consultado o 2020-04-09. 
  6. Portugal, Rádio e Televisão de. "MALTA PORTUGUESA - Documentários - RTP". www.rtp.pt (en portugués). Consultado o 2020-04-09. 
  7. "Hotel - Livro - WOOK". www.wook.pt (en portugués). Consultado o 2020-04-09.