Paulo I de Grecia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaPaulo I de Grecia

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(el) Παύλος Αʹ Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento14 de decembro de 1901 Editar o valor em Wikidata
Atenas, Grecia Editar o valor em Wikidata
Morte6 de marzo de 1964 Editar o valor em Wikidata (62 anos)
Cemiterio Real de Tatoi, Grecia Editar o valor em Wikidata
Causa da mortecancro de estómago Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio Real de Tatoi Editar o valor em Wikidata
Rei de Grecia
1 de abril de 1947 – 6 de marzo de 1964 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeGrecia Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa Ortodoxa Grega Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua grega, lingua alemá e lingua francesa Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rango militarmariscal de campo Editar o valor em Wikidata
ConflitoSegunda guerra mundial Editar o valor em Wikidata
Familia
FamiliaFamilia real grega Editar o valor em Wikidata
CónxuxeFrederica de Hannover (1938–1964)
FillosSofía de Grecia, Constantino II de Grecia, Irene de Grecia Editar o valor em Wikidata
PaisConstantino I de Grecia Editar o valor em Wikidata  e Sofía de Prusia Editar o valor em Wikidata
IrmánsXurxo II de Grecia, Alexandre I de Grecia, Helena de Grecia, Irene de Grecia e Catarina de Grecia Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Schleswig-Holstein-Sonderburg-Glücksburg-31 Find a Grave: 8126667 Editar o valor em Wikidata

Paulo I de Grecia, da Casa de Schleswig-Holstein-Sonderburg-Glücksburg, nado en Tatoi, Grecia, o 14 de decembro de 1901 e finado en Atenas, o 6 de marzo de 1964, foi monarca de Grecia entre 1947 e 1964.

Foi o terceiro fillo de Constantino I de Grecia e de Sofía de Prusia, da Casa de Hohenzollern. Contraeu matrimonio coa princesa Frederica de Hannover en 1938, que era prima segunda por parte da familia real danesa e á súa vez filla da súa curmá Vitoria Luísa de Prusia. Con Frederica tivo tres fillos: Sofía (actual Raíña de España), Constantino e Irene.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

De 1917 a 1920, viviu no exilio coa súa familia, despois de que o seu pai, Constantino I, tivese que abdicar polas súas simpatías alemás. Volveu vivir no exilio a partir de 1923, tras a segunda abdicación do seu pai pola derrota grega na guerra con Turquía, e o fracasado intento de golpe militar monárquico que conducirá á proclamación da Segunda República Helénica en marzo de 1924. O seu pai morreu en Italia a finais de 1923, e o seu irmán máis vello, Xurxo II de Grecia, foi chamado a reinar en 1935, despois de que un golpe militar monárquico acabase coa república. Durante a maior parte da segunda guerra mundial (de 1941 a 1946), ao estar Grecia ocupada polas forzas do Eixo, a familia real grega viviu en Cidade do Cabo (Suráfrica), antes de trasladarse a O Cairo (Exipto) en 1944, desde onde o seu irmán o rei Xurxo II radiou diversas mensaxes ao pobo heleno en apoio ao goberno grego no exilio.

Regresou a Grecia en setembro de 1946 durante a Guerra civil grega, despois de que os monárquicos gañasen as eleccións xerais e que un plebiscito confirmase a restauración da monarquía. Ocupou o trono en abril de 1947, tras a morte do seu irmán Xurxo II. Nos anos 1950 Grecia recuperouse economicamente grazas ao plan Marshall. As relacións diplomáticas e económicas co exterior víronse reforzadas polas frecuentes visitas da familia real no estranxeiro; Paulo I foi o primeiro monarca grego en visitar un xefe de Estado turco. Con todo as relacións co Reino Unido deterioráronse pola cuestión de Chipre, que logrou finalmente a súa independencia en 1960.

Paralelamente, os sentimentos republicanos ían en aumento no país. Paulo I foi criticado en diversas ocasións por inmiscirse en cuestións políticas e infrinxir as regras da monarquía constitucional. A Frederica de Hannover reprochábaselle a súa pertenza á sección feminina das Mocidades Hitlerianas nos anos 30, é dicir, cando tiña menos de vinte anos e a afiliación era obrigatoria. Crecían tamén as críticas sobre o tren de vida da familia real e o seu custo para o Estado grego. As tensións entre o Rei e o seu primeiro ministro Konstandínos Karamanlís eran cada vez máis palpables. En 1963, o partido Unión de Centro de Georgios Papandreou gañou as eleccións xerais, unha vitoria que -a xuízo de Karamanlís- era ilexítima, polo que opinaba que o Rei non lle debería chamar a formar goberno. Karamanlis dimitiu e exiliouse a Francia. A vitoria do partido de Papandreou revalidouse nas eleccións de febreiro de 1964.

Paulo I morreu ao mes seguinte, a principios de marzo de 1964, ás poucas semanas de ser operado dun cancro de estómago. Foi sucedido polo seu fillo Constantino.

Foi amante de Denham Fouts, coñecido prostituto estadounidense famoso por servir de inspiración a escritores como Truman Capote, Gore Vidal, Christopher Isherwood e Gavin Lambert.

Fillos[editar | editar a fonte]

Con Frederica de Hannover tivo tres fillos:

Predecesor:
Xurxo II

Rei dos Helenos

1947 - 1964
Sucesor:
Constantino II