Patricia Simón Carrasco
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de febreiro de 1983 (41 anos) Estepona, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Sevilla Instituto de estudos políticos de Lion (pt) Universidade de Oviedo |
Actividade | |
Ocupación | xornalista , escritora |
Lingua | Lingua castelá |
Patricia Simón Carrasco, nada en Estepona, Málaga o 24 de febreiro de 1983, é unha xornalista asturiana. Licenciouse en xornalismo pola Universidade de Sevilla, especializouse en Relacións Internacionais polo Instituto de Estudos Políticos de Lión e é posgraduada en Políticas Públicas e Estado do Benestar pola Universidade de Oviedo.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Nada en Estepona, Málaga, aínda que residente en Asturias, actualmente é xornalista freelance, consultora e docente. Ten extensa experiencia como xornalista e editora de información nacional española e internacional en diferentes medios de comunicación. Como Xornalismo Humano, medio de comunicación dixital con enfoque de dereitos humanos do que foi cofundadora e subdirectora até 2013, na produtora de temáticas sociais Piraván de 2006 a 2010 e na televisiva Ítaca.
Especialista en Relacións Internacionais, enfoque de dereitos humanos e perspectiva de xénero. Ten unha ampla experiencia como coordinadora de comunicacións de proxectos educativos e xefa de gabinete de prensa. Tamén foi docente e relatora en cursos universitarios, obradoiros e seminarios organizados por diferentes ONGs, fundacións e axencias de cooperación.[1][2] Realizou documentais en España, Guatemala, Nicaragua, o Brasil, Marrocos, o Senegal, Mauritania, o Líbano, Xordania, Honduras e Colombia.
Foi recoñecida co Premio da Asociación de Mulleres dos Medios de Comunicación de España en 2013 (AMECO).[3][4]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Noticia sobre ponencia en la Casa de Encuentro de las Muejres de Piedrasblancas". La Nueva España. 8 de xaneiro de 2016. Consultado o 12 de maio de 2016.
- ↑ "Entrada al blog de la Casa de Encuentro de las Mujeres de Piedrasblancas sobre charla". 15 de marzo de 2016. Consultado o 12 de maio de 2016.
- ↑ "Página web de la distinción". 1 de xullo de 2013. Consultado o 12 de maio de 2016.
- ↑ "Noticia sobre el premio.". laindependent. 24 de outubro de 2013. Consultado o 12 de maio de 2016.