Partido xudicial de Ortigueira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
     Partido xudicial de Ortigueira

O partido xudicial de Ortigueira é un dos 45 partidos xudiciais nos que se divide a comunidade autónoma de Galicia, sendo o partido xudicial nº 9 da provincia da Coruña.

Comprende as localidades de Cariño, Cedeira, Cerdido, Mañón, Moeche e Ortigueira.

A cabeza de partido e por tanto sede das institucións xudiciais é Ortigueira. A dirección do partido sitúase na Avenida Escola de Gaitas de Ortigueira da localidade. Ortigueira conta cun Xulgado de Primeira Instancia e Instrución.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]