Paris Adot
Paris Adot | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Paris Alejandro Adot Barandiaran | ||
Nacemento | 26 de febreiro de 1990 | ||
Lugar de nacemento | Pamplona | ||
Altura | 1,80 m. | ||
Posición | Lateral dereito | ||
Información de club | |||
Club actual | Deportivo da Coruña | ||
Carreira xuvenil | |||
Lagunak | |||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2009–2010 | Lagunak | 32 | (4) |
2010–2011 | Cádiz B | 36 | (7) |
2011–2012 | Mutilvera | 34 | (2) |
2012–2013 | Izarra | 32 | (0) |
2013–2014 | Osasuna Promesas | 36 | (4) |
2014–2015 | Izarra | 38 | (5) |
2015–2016 | Tudelano | 38 | (5) |
2016–2017 | Murcia | 12 | (0) |
2017 | Sabadell | 10 | (1) |
2017–2019 | Mirandés | 83 | (4) |
2019–2020 | Alcorcón | 26 | (0) |
2020–2023 | Ponferradina | 107 | (3) |
2023– | Deportivo da Coruña | 0 | (0) |
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 20 de agosto de 2023. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Paris Alejandro Adot Barandiaran, nado en Pamplona o 26 de febreiro de 1990, é un futbolista español que xoga de defensa no Deportivo da Coruña, da Primeira División RFEF.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Formado nas categorías inferiores da SD Lagunak, debutou co primeiro equipo deste club na tempada 2009/10, en Rexional Preferente. Na tempada 2010/11 fichou polo Cádiz para xogar co seu filial, o Cádiz B, na Terceira División. A continuación volveu a Navarra e pasou polo Mutilvera, o Izarra e o Osasuna Promesas.[1]
Na tempada 2015/16 xogou no Tudelano, co que disputou 40 partidos, todos eles como titular, e marcou cinco goles. Xogou a promoción de ascenso a Segunda, caendo diante do Hércules. En xullo de 2016 asinou co Real Murcia,[2] onde xogou media tempada ata que en xaneiro de 2017 rescindiu o seu contrato e fichou polo Sabadell.
En xuño de 2017 fichou polo Mirandés, do Grupo II da Segunda División B. Titular indiscutible durante os seguintes dous anos, proclamouse campión do seu grupo na súa primeira campaña, con con Pablo Alfaro como adestrador, pero non puido ascender, ao caer na promoción. Si o conseguiu na seguinte campaña, con Borja Jiménez no banco, proclamándose tamén campión da Copa Federación.
Tras lograr o ascenso deixou Miranda de Ebro e aceptou a oferta do Alcorcón, co que debutou na Segunda División.[3] Disputou 27 partidos co equipo da Comunidade de Madrid, co que obtivo o décimo posto na liga. En 2020 rescindiu o seu contrato e fichou pola Ponferradina, da mesma categoría.[4] Militou durante os seguintes tres anos no club do Bierzo, xogando un total de 108 partidos oficiais, case todos como titular. Na súa terceira campaña o equipo descendeu á Primeira División RFEF.
En xuño fichou polo Deportivo da Coruña, que pagou a súa cláusula de rescisión.[5]
Palmarés[editar | editar a fonte]
- Mirandés
- Segunda División B (1): 2017/18.
- Copa Federación (1): 2018/19.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "El Tudelano ficha a Paris Adot, Arkaitz Ruiz y Santi Samanes" (en castelán). 3 de xullo de 2015. Consultado o 20 de agosto de 2023.
- ↑ "Paris Adot, nuevo fichaje del Real Murcia" (en castelán). 5 de xullo de 2016. Consultado o 20 de agosto de 2023.
- ↑ Jiménez, Álex (4 de xullo de 2019). "Paris Adot, refuerzo de garantías para la defensa del Alcorcón". Marca (en castelán). Consultado o 20 de agosto de 2023.
- ↑ "Paris Adot deja el Alcorcón y se marcha a la Ponferradina". Marca (en castelán). 25 de agosto de 2020. Consultado o 20 de agosto de 2023.
- ↑ Simón, José Manuel (29 de xuño de 2023). "El Dépor abona la cláusula de rescisión de Paris Adot: el primer fichaje de la nueva era" (en castelán). Consultado o 20 de agosto de 2023.