Organización de Solidariedade cos Pobos Afroasiáticos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Organización de Solidariedade cos Pobos Afroasiáticos
Tipoorganización non gobernamental internacional
Data de fundación1957
Presidente/aAnwar el-Sadat (1961-1969) Editar o valor em Wikidata
Secretario/aYoussef El Sebai
Director/aSalah Zulfikar
Na rede
http://www.aapsorg.org/en/
editar datos en Wikidata ]
Selo soviético emitido en 1987 por mor dos 30 anos da creación da OSPA

A Organización de Solidariedade cos Pobos Afroasiáticos (OSPA, en inglés Afro-Asian Peoples' Solidarity Organization AAPSO) é unha organización non gobernamental con comités nacionais en máis de 90 países creada o 27 de decembro de 1957 no Cairo froito da colaboración entre Exipto, a Unión Soviética e a China[1], incluíndo no seu seo a diversas organizacións políticas e culturais. Os seus obxectivos iniciais eran a loita contra o imperialismo, o colonialismo e o neocolonialismo, o racismo, o sionismo e a coordinación antifascista. A partir de 1965 co aumento dos conflitos entre a URSS e a China a influencia da organización diminuíu centrándose en novos temas, como o desenvolvemento económico, social e cultural, a loita polos dereitos humanos, a democracia, o combate contra a corrupción, cuestións demográficas e ambientais, conflitos internos e guerras civís, os problemas dos refuxiados, e moitos outros.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. TOUVAL, Saadia (1999) The Boundary Politics of Independent Africa Nova York:iUniverse, p. 52

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]