O lago das garzas azuis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O lago das garzas azuis
Título orixinalO lago das garzas azuis
Autor/aAlfonso Pexegueiro
Ilustrador/aXosé Freixanes
CubertaXosé Freixanes
OrixeGaliza
Linguagalego
ColecciónFóra de Xogo (nº 88)
EditorialXerais
Data de pub.outubro de 2005
Formato13 x 21 cm.
edición rústica cosida a fío
Páxinas103
ISBNISBN 84-9782-362-1
editar datos en Wikidata ]

O lago das garzas azuis é un libro de Alfonso Pexegueiro ilustrado por Xosé Freixanes. Publicado por vez primeira en maio de 1994, da man da Editorial Lumen (Barcelona) en castelán[1], Edicións Xerais publicouno por vez primeira en outubro de 2005.[2]

É un conto en verso sobre a infancia. Fala dos nenos do mundo, con especial atención ós que viven en situación de pobreza. Os nenos buscan o Lago das Garzas, baixo as areas do deserto de Nabalpam, e escapan dos Cazadores de Reiseñores Brancos.

As ilustracións son de Xosé Freixanes. O deseño da portada é a varias cores, e os deseños interiores adoitan ser un debuxo en azul, ás veces acompañados dunha foto en branco e negro.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "El lago de las garzas azules: Cuento de Europa, Niños de África". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-04. 
  2. "O lago das garzas azuis: conto de Europa, nenos de África". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-04.