O estranxeiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O estranxeiro
Autor/aAlbert Camus
OrixeFrancia
Lingualingua francesa
Tema(s)Filosofía do absurdo
Xénero(s)Novela filosófica
EditorialÉditions Gallimard
Data de pub.1942
Páxinas184
editar datos en Wikidata ]

O estranxeiro[1] (en francés, L'Étranger) é unha novela publicada en 1942, a primeira do escritor Albert Camus. O estranxeiro adoita asociarse á filosofía do absurdo e ao existencialismo, aínda que Camus sempre se distanciou desta última etiqueta. O protagonista, Meursault, é un francés alxeriano indiferente á realidade por resultarlle absurda e inabordable. O progreso tecnolóxico privouno da participación nas decisións colectivas e converteuno en «estranxeiro» dentro do que debería ser a súa propia contorna. Foi traducida ao galego por Valentín Arias López, e publicada en 1991 por Edicións do Cumio[2].

Análise[editar | editar a fonte]

A obra de Camus advirte sobre o home que está a ser creado. É unha denuncia fronte a unha sociedade que esquece o individuo. Foi premonitorio respecto ao cidadán occidental que se atopará a sociedade tras a segunda guerra mundial.

Camus escribiu unha obra provocadora en cuxo trasfondo aparece o rostro desgarrado dunha Europa ferida e violentada por dúas guerras mundiais. Pintou unha historia gris onde a paisaxe está escurecido pola extirpación de calquera paixón ou vontade do home.

Así o seu ateísmo estaba xustificado, a vida non tiña ningún sentido fóra dun mesmo, a confianza en forzas externas a el mesmo producíalle unha sensación de caída cara ao abismo do incerto.

Meursault transfórmase así nun estranxeiro que xulga e remove as pantasmas dunha sociedade angustiada, cuxa moral, carente de sentido, regula a vida dun todo social. Esa moral que condena á morte de igual maneira un home que non chora a morte dunha nai que a un asasino, esa morte que resulta ser a única opción posible para consumar a procura da propia existencia.

Notas[editar | editar a fonte]