O detective Conan: A décimo cuarta vítima

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O detective Conan: A décimo cuarta vítima
Ficha técnica
Título orixinal名探偵コナン 14番目の標的
DirectorKanetsugu Kodama
GuiónGosho Aoyama
Kazunari Kochi
MúsicaKatsuo Ono
ZARD
EstudioTMS
DistribuidoraArait Multimedia (Galicia)
Estrea 23 de abril de 1998
Galicia 26 de decembro de 2012 (TVG)
Duración99 minutos
Orixe Xapón
XéneroAnimación
Filme anteriorO detective Conan: Explosión no rañaceos
Filme seguinteO detective Conan: O derradeiro mago do século
Na rede
IMDB: tt0965649 Filmaffinity: 221511 Allocine: 147344 Allmovie: v420197 Netlix: 70082582Editar o valor em Wikidata

O detective Conan: A décimo cuarta vítima (名探偵コナン 14番目の標的 Meitantei Conan: 14 banme no target?, literalmente O décimo cuarto obxectivo) é un filme de animación baseado no anime O detective Conan. No Xapón, a estrea deste filme produciuse nos cinemas o 23 de abril do 1998.

En galego, estreouse na TVG o 26 de decembro do 2012.

Sinopse[editar | editar a fonte]

A historia acontece nun restaurante futurista baixo a auga, chamado Aqua Crystal, que semella unha base espacial. Os homes e muller que se citaron neste local son, desde unha fermosa modelo ata un presentador de televisión, mesmo o célebre e sobranceiro Detective Conan.

Cando gozan dun exquisito e delicioso viño tinto, os comensais do restaurante descoñecen que as súas vidas están en perigo e ameazadas por un asasino en serie. Este malvado asasino psicópata cumpre o seu plan de maneira fría e ordenada. Despois de cada crime, deixa unha carta da baralla preto do corpo, cuxo número sempre coincide co nome da vítima.

Con este asasino tolo solto e sen ninguén que o poida prender, parece que ninguén pode fuxir desta situación tan perigosa. De súpeto, danse de conta de que están atrapados nunha cova submarina do terror, con todas as portas bloqueadas e sen posibilidades de escapatoria. Todo depende do famoso detective Conan, resolver o caso tan rápido como poida e rescatar todas as persoas nerviosas desta situación mortal e perigosa.

Dobraxe[editar | editar a fonte]

  • Estudio: SODINOR S.A.
  • Data: 2012.
  • Dirección: Alfonso Valiño e Matías Brea.
  • Tradución: María Alonso Seisdedos.
  • Elenco da dobraxe:
Personaxe Actor de dobraxe
Galicia
Actor orixinal
Conan Edogawa Teresa Santamaría Minami Takayama
Shinichi Kudo Gaspar Somoza Kappei Yamaguchi
Ran Mouri Isabel Vallejo Wakana Yamazaki
Kogoro Mouri Matías Brea Akira Kamiya
Hiroshi Agasa Paco Barreiro Kenichi Ogata
Inspector Megure Alfonso Valiño Furin Cha
Genta Kojima Antón Rey Wataru Takagi
Mitsuhiko Tsuburaya Montse Davila Ikue Ohtani
Ayumi Yoshida Marián Muíño Yukiko Iwai
Sonoko Suzuki Nora Abad Naoko Matsui
Axente Shiratori Monti Castiñeiras Kaneto Shiozawa
Eri Kisaki Charo Pena Gara Takashima
Joe Murakami Antón Rubal Eichiro Suzuki
Minoru Nishina Óscar Fernández Hirotaka Suzuoki
Peter Ford Antón Cancelas Andy HolyField
Eimei Shishido Andrés Bellas Kenji Utsumi
Nana Osanai Beatriz García Maya Okamoto
Kohei Sawaki Tacho González Ryusei Nakao
Hiroki Tsuji Antón Olmos Takashi Taniguchi
Towako Okano Nora Abad Miyuki Ichijo
Xornalista Ana Lemos Yuko Nagashima
Acompañante 1 Nora Abad Yasuyo Unabara
Acompañante 2 Ana Lemos Tomoko Unabara
Midori Kuriyama Nora Abad Asako Dodo
Cirurxián Manolo Pombal Isshin Chiba
Piloto do helicóptero Manolo Pombal ?

Música[editar | editar a fonte]

A canción empregada na versión orixinal como tema de peche é "Shōjo no Koro ni Modotta Mitai ni" ("Coma cando era unha nena pequena"), interpretada por ZARD. Na dobraxe en galego deixouse unha versión instrumental do tema.

Os temas da música de fondo foron compostos por Katsuo Ono, e serían utilizados na serie orixinal a partir do ano 1999.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]