Nuria Varela (xornalista)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaNuria Varela
Biografía
Nacemento1967 Editar o valor em Wikidata (56/57 anos)
Mieres, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid
Universidade Rei Xoán Carlos Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora , xornalista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Twitter: nuriavarela Dialnet: 823732 Editar o valor em Wikidata

Nuria Varela, nada en Turón (Mieres) en 1967, é unha xornalista e escritora asturiana.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciouse en Ciencias de la Información na Universidade Complutense de Madrid. Conta con grande experiencia en conflitos bélicos, dando un punto de vista desde o activismo feminista. Cubriu para o semanario Panorama o golpe de estado soviético de 1991 e mais a guerra de Bosnia, o sitio de Saraxevo e a situación dos campos de refuxiados croatas durante as guerras iugoslavas. En 1993 pasou a traballar para Interviú, facendo reportaxes sobre os campos de refuxiados afgáns en Paquistán, os campamentos de refuxiados saharauís e sobre a matanza de Acteal en Chiapas. Foi correspondente de guerra en Chechenia, estivo cos ex-guerrilleiros no Salvador e coas brigadas de Nicaragua, amais de observadora dos campamentos civís pola paz en Chiapas e Libia.

En 2003 publicou o seu primeiro libro, Íbamos a ser reinas. Nel analiza a enorme problemática da violencia de xénero sufrida polas mulleres non só por parte das súas parellas, senón tamén por parte do sistema xudicial, político, social e mesmo polas súas propias compañeiras e familias, por mor do fundamento patriarcal da maior parte das sociedades contemporáneas, en concreto a occidental.

En 2005 presentou o seu segundo libro, Feminismo para principiantes, no que pretendeu facer un repaso "da historia dos tres séculos da historia do feminismo e a súa chegada a España".[1] No 2018 levou a cabo unha revisión do libro e se lle engadiron as ilustracións realizadas por Antonia Santolaya.[2]

Obra[editar | editar a fonte]

  • 2003: Íbamos a ser reinas
  • 2005: Feminismo para principiantes
  • 2008: Martín y la pirata Candela
  • 2012: La voz ignorada. Ana Orantes y el fin de la impunidad
  • 2016: Cansadas. Una reacción feminista frente a la nueva misoginia
  • 2018: Feminismo para principantes (versión Ilustrada)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Tarragó Bosch, Alba (24-02-2018). "Nuria Varela: "La formación que recibimos estafa porque oculta a las mujeres"". lavanguardia.com. Consultado o 09-03-2019. 
  2. "Nuria Varela presenta 'Feminismo para Principiantes', historia ilustrada "para no olvidar siglos de lucha"". europapress.es. 25-02-2018. Consultado o 09-03-2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]