NLGJA
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2018.) |
Este artigo é orfo, xa que carece doutros artigos que apunten cara a el. Por favor, engade ligazóns a esta páxina desde outros artigos relacionados con este. |
A Asociación Estadounidense de Xornalistas Gais e Lesbianas (en inglés National Lesbian & Gay Journalists Association) (NLGJA) é unha asociación profesional estadounidense dedicada a monitorizar a cobertura das novas relacionadas coa comunidade LGTB. Ten a súa base na cidade de Washington, D.C. e entre os seus membros hai tanto xornalistas como estudantes en medios impresos, audiovisuais e dixitais.
A NLGJA é unha organización de xornalistas, profesionais dos medios, educadores e estudantes que traballan nas industrias xornalísticas para fomentar unha axeitada cobertura dos acontecementos relacionados coa comunidade lésbica, gai, bisexual e transexual. A NLGJA tamén loita contra a discriminación laboral e fornece de cursos de formación aos seus membros.
Foi fundada en 1990 por Roy Aarons, e actualmente ten uns 1.500 membros. O seu director executivo é David Barre, e o seu presidente David Steinberg.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Web da NLGJA (en inglés).