Muñón Cimiru[1] é unha parroquia do concelloasturiano de Ḷḷena. Ocupa o seu extremo noroccidental e linda ao norte cos concellos de Riosa e Mieres, ao leste coa parroquia de Viḷḷayana, ao sueste coa de Muñón Fondiru, ao sur coa de La Pola e ao oeste de novo co concello de Riosa. Ten unha extensión de 9,28 km² e viven nela (INE, 2010) 100 persoas, que se reparten entre o lugar homónimo e os de La Culquera Baxu, La Culquera Riba, Los Fueyos, La Ilesia, La Maerá, La Maramuniz, La Muela, Pelái, Reconcos, Santu Medero, La Soterraña, El Trechuru, El Venceyal e La Bildosa. Outras entidades de poboación menores son Les Cortines, Cuatrovientos, Cuviḷḷa e Malpica.