Montañas Semien
Coordenadas: 13°29′34″N 38°26′37″L / 13.4928, 38.4436
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/3a/Simien_Mountains%2C_Kingdom_Of_Gondar_%286181895150%29.jpg/220px-Simien_Mountains%2C_Kingdom_Of_Gondar_%286181895150%29.jpg)
As montañas Semien (en amhárico: ስሜን ተራሮች; tamén escrito Səmen, Simien ou Simen) son unha cadea montañosa que se atopa no norte de Etiopía, formando parte do altiplano de Etiopía. Forman parte do parque nacional de Simien e son Patrimonio da Humanidade.
Características[editar | editar a fonte]
Están compostas por mesetas separadas por vales, e por pináculos que se erguen por enriba dos 4 000 msnm. O punto máis elevado é o monte Ras Dashan con 4 543 metros sobre o nivel do mar, a montaña máis alta de Etiopía. Salientan ademais outros cumios como o Abba YYared de 4 460 msnm, e o Biuat, con 4 437 msnm. É un dos poucos lugares de África onde neva con regularidade.
Malia o seu carácter escarpado e da súa altura, as montañas presentan numerosas vilas e aldeas. Historicamente estaban habitadas polos xudeus de Etiopía, mais logo de repetidos ataques dos emperadores cristiáns, no século XV retiráronse á antiga provincia de Dembiya, na actual zona de Gondar, na rexión Amhara.
Fauna[editar | editar a fonte]
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/2/24/ET_Amhara_asv2018-02_img028_Wunenia.jpg/200px-ET_Amhara_asv2018-02_img028_Wunenia.jpg)
As súas ladeiras serven de ecosistema para diversas especies de animais, varias das cales son endémicas, tales como a Capra walie, o Canis simensis ou o Theropithecus gelada, un tipo de babuíno que só vive nas terras altas etíopes e eritreas.