Modesto Villar Ínsua
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1911 Buenos Aires, Arxentina |
Morte | 1 de xuño de 1939 (27/28 anos) Ortigueira, España |
Causa da morte | homicidio, ferida por arma de fogo |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político , membro da resistencia |
Partido político | Partido Galeguista |
Lingua | Lingua castelá |
Modesto Villar Ínsua, nado en Buenos Aires en 1911 e finado en Ortigueira o 1 de xuño de 1939, foi un político e guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Estudante de maxisterio na Coruña e profesor de ciencias na Escola de Traballo de Viveiro, era militante do Partido Galeguista dende 1933. Foi designado concelleiro de Viveiro en febreiro de 1936. Ao estalar o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 pasou á clandestinidade. O 23 de xuño de 1937 participou no intento de asalto da tarrafa viveirense Nosa Señora das Dores cos irmáns Benedicto e Cesareo Díaz Fuentes, Jesús Iglesias Escourido e Francisco Gómez Núñez “Trostky”, co obxectivo de fuxir á zona republicana. En 1938 integrou a primeira agrupación guerrilleira constituída en Galicia, a Agrupación Chapaev (ou Tchapaief), encargándose de redactar os seus estatutos e da planificación dos golpes económicos.[1] Xulgado en ausencia por traizón e rebelión militar. Morreu por fractura de cranio por disparos[2] nunha cova de Montemeao en Ortigueira cando a Garda Civil e tropas do exército procedentes de Ferrol rodearon a cova na que estaba refuxiado canda os seus compañeiros os irmáns Amandino (que tamén foi abatido)[3] e José Neira Fernández.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Nacionalismo a man armada" Arquivado 12 de xuño de 2018 en Wayback Machine., artigo de Cilia Torna en Sermos Galiza, 27 de agosto de 2014
- ↑ Ficha en Souto Blanco, María Jesús "A represión franquista e as súas zonas de penumbra. Vítimas confirmadas e posibles en Lugo (1936-1940)". Concello de Lugo
- ↑ La Voz de Ortigueira, 22-7-1939, p. 3.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Parrado, Carlos (2009). Curuxás, o guerrilleiro que non cazou Franco. Vigo: A Nosa Terra. pp. 107–110. ISBN 84-87783-79-1.
- Nacionalismo e guerrilla: Un capítulo da loita antifranquista na Galiza
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Modesto Villar Ínsua na páxina web Nomes e Voces.
- Vilar Insua, un nacionalista dirixente da agrupación guerrilleira ‘Tchapaief’ Arquivado 02 de xuño de 2019 en Wayback Machine.