Miguel Cabrera Cabrera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMiguel Cabrera Cabrera
Biografía
Nacemento1948 Editar o valor em Wikidata (75/76 anos)
Gran Canaria, España Editar o valor em Wikidata
Member of the Parliament of the Canary Islands (en) Traducir
15 de xuño de 1987 – 27 de maio de 1995
Senador de España
28 de outubro de 1982 – 23 de abril de 1986
Circunscrición electoral: Fuerteventura
Senador de España
15 de xuño de 1977 – 2 de xaneiro de 1979
Circunscrición electoral: Fuerteventura
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónarquitecto , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Miguel Cabrera Cabrera, nado en Gran Canaria o 12 de marzo de 1948[1] é un arquitecto e político español cuxo ámbito de actuación política foi a illa canaria de Fuerteventura.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou o bacharelato até terceiro en Fuerteventura por libre e despois no Instituto Pérez Galdós da cidade das Palmas de Gran Canaria, en Gran Canaria. Cursou a carreira de Arquitectura nas escolas de Madrid e Valencia, onde obtivo a licenciatura en 1973. Exerceu a súa profesión en Gran Canaria e Fuerteventura. En 1975 foi elixido membro da Xunta de Goberno do Colexio de Arquitectos ata que dimitiu ó dar comezo as eleccións xerais de 1977.

Para as eleccións xerais de 1977 fundou Asemblea Majorera, coa que foi elixido senador por Fuertenventura.[2] Non repetiu nas seguintes, ó ser superado por dez votos (4.468 fronte a 4.458) polo candidato de UCD, pero foi novamente elixido nas eleccións xerais de 1982. Nas eleccións ó Parlamento das Canarias de 1987 e 1991 foi elixido deputado por Asemblea Majorera.

En 2010 foi nomeado director xeral de Infraestrutura Turística do goberno das Canarias.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Diario de sesiones del Senado, Junta preparatoria para la designación de presidente provisional y de la mesa de edad, celebrada el miércoles 13 de julio de 1977
  2. "Historia de Asamblea Majorera - Coalición Canaria en Fuerteventura". Asamblea Majorera. Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2017. Consultado o 28 de xaneiro de 2013. 
  3. "Dirección General de Infraestructura Turística". Goberno de Canarias. Arquivado dende o orixinal o 20 de agosto de 2014. Consultado o 28 de xaneiro de 2013.