Miguel Anxo Bastos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMiguel Anxo Bastos

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(gl) Miguel Anxo Bastos Boubeta Editar o valor em Wikidata
12 de agosto de 1967 Editar o valor em Wikidata (56 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Profesor titular
Profesor universitario
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaSantiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela
Universidad Nacional de Educación a Distancia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilosofía, política, economía e política pública Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Ocupacióneconomista , profesor universitario , politicólogo , conferencista (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Santiago de Compostela, profesor universitario
Francisco Marroquín University (en) Traducir, profesor universitario Editar o valor em Wikidata
MovementoLibertarianismo (pt) Traducir, anarcocapitalismo (pt) Traducir, Escola Austríaca de Economía, Liberalismo, Anarquismo, galeguismo e paleolibertarianismo (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Influencias
LinguaLingua castelá, lingua catalá e lingua galega Editar o valor em Wikidata

Facebook: miguelanxo.bastosboubeta LinkedIn: miguel-anxo-bastos-boubeta-78087520 Dialnet: 229456 Editar o valor em Wikidata

Miguel Anxo Bastos Boubeta, nado na Bouciña (Lavadores, Vigo) o 12 de agosto de 1967, é un profesor universitario, economista, politicólogo e conferenciante galego, coñecido pola súa defensa das teses do liberalismo económico e, especificamente, da escola austríaca.[1] É considerado por moitos como un dos principais defensores do anarcocapitalismo e do paleolibertarismo no ámbito hispánico.

A súa traxectoria[editar | editar a fonte]

Entrevista en Nós Televisión.

É doutor en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade de Santiago de Compostela, e licenciado en Ciencias Políticas e Sociais pola UNED.[2] Bastos é profesor titular do Departamento de Ciencia Política e da Administración da Universidade de Santiago de Compostela,[3] especializándose na área das políticas públicas e dos movementos sociais contemporáneos.[4] Fixo tamén varias visitas como profesor convidado á Universidade Francisco Marroquín, en Guatemala.

Foi colaborador no programa de V Televisión de política Vía V presentado por Fernanda Tabarés.[5] Tamén colabora no programa A Crónica da Radio Galega.

Pensamento[editar | editar a fonte]

Bastos foi militante do Bloque Nacionalista Galego, baseado nas ideas do "galeguismo" e o "secesionismo galego". Durante o período universitario, declárase abertamente socialista,[6] o que o leva a contactar por contraposición con autores da escola austríaca de economía, como Ludwig von Mises, e a ser introducido no debate sobre o problema do cálculo económico por profesores de pensamento marxista.[7][8]

Máis tarde, o Profesor Bastos tornouse discípulo do economista Jesús Huerta de Soto e, xuntamente con este, son notábeis expoñentes intelectuais do anarcocapitalismo en España.[9] A súa principal influencia na teoría económica foron os economistas austríacos Friedrich von Hayek e Ludwig von Mises. Aliñouse con as posicións políticas libertarias desenvolvidas polos economistas e filósofos políticos Murray N. Rothbard, Hans Hermann Hoppe e Jesús Huerta de Soto.

No ano 2017 participou no grupo promotor que puxo en andamento o xornal galeguista Nós Diario, e nel mantén unha columna semanal de opinión.[10]

As súas conferencias sobre estudos de Política Comparada entre o pensamento austríaco-libertario e outras correntes de pensamento económico e político, habitualmente proferidas no Instituto Juan de Mariana, en España, e na Universidade Francisco Marroquín, en Guatemala, teñen merecido destaque nos medios de comunicación social.

Miguel Anxo Bastos escribe periodicamente no Instituto Juan de Mariana, e é presidente honorario da asociación galega de orientación liberal Xoán de Lugo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Así es Miguel Anxo Bastos, uno de los profesores más populares de la USC". El Español (en castelán). Consultado o 17/05/2024. 
  2. "Miguel Anxo Bastos, Premio Instituto Juan de Mariana 2023". Juan de Mariana (en castelán). Consultado o 17/05/2024. 
  3. "Miguel Anxo Bastos Boubeta". Universidade de Santiago de Compostela. Consultado o 17/05/2024. 
  4. USC Departamento de Ciencia Política http://www.usc.es/es/centros/politicas/profesor.html?Num_Puesto=1507&Num_Persona=1417&ano=63
  5. Programa Vía V (27 de xaneiro de 2016). "Discusión entre Monedero y Bastos". Consultado o 6 de agosto de 2017. 
  6. "Off Topic: De progre a libertario, Las recetas del Profesor Bastos". inBestia (en castelán). Consultado o 17/05/2024. 
  7. Instituto Juan de Mariana (13 de setembro de 2017). Café Viena #7 - Miguel Anxo Bastos (YouTube). 
  8. "José Vilas Nogueira: In Memoriam". Libertad Digital (en castelán). Consultado o 17/05/2024. 
  9. Bastos Boubeta, Miguel Anxo (27/03/2018). "Algunas cuestiones disputadas sobre el anarcocapitalismo (XX): Las Tecnologías Sociales". Instituto Juan de Mariana (en castelán). Consultado o 17/05/2024. 
  10. "A opinión de Miguel Anxo Bastos Boubeta". Nós Diario. Consultado o 2022-03-27.