Miguel Ángel Rodríguez Echeverría

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMiguel Ángel Rodríguez Echeverría

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento9 de xaneiro de 1940 Editar o valor em Wikidata (84 anos)
San Xosé, Costa Rica Editar o valor em Wikidata
Secretário-geral da Organização dos Estados Americanos (pt) Traducir
15 de setembro de 2004 – 15 de outubro de 2004
← César Gaviria TrujilloLuigi R. Einaudi (pt) Traducir →
43º Presidente de Costa Rica
8 de maio de 1998 – 8 de maio de 2002
← José María FigueresAbel Pacheco → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeCosta Rica Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Costa Rica
Universidade de California en Berkeley Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióneconomista , político , avogado Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Costa Rica Editar o valor em Wikidata
Partido políticoSocial Christian Unity Party (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeLorena Clare Facio
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Miguel Ángel Rodríguez Echeverría, nado o 9 de xaneiro de 1940, é un economista, avogado, empresario e político costarriqueño do Partido Unidad Social Cristiana (PUSC), de ideoloxía neoliberal e de centro dereita.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Orixe familiar[editar | editar a fonte]

É descendente de familias de Asturias, de varios países latinoamericanos, e tamén de orixe italiana e afro-costarriqueño. É descendente por vía materna de José María Castro Madriz.

Carreira[editar | editar a fonte]

Foi presidente de Costa Rica de 1998 a 2002. Nese período levou a cabo numerosas privatizacións e durante o seu mandato producíronse grandes manifestacións de repulsa por esas actuacións.

Foi brevemente secretario xeral da Organización dos Estados Americanos (OEA) en 2004 durante un mes, pero dimitiu o 15 de outubro dese ano e volveu ao seu país para enfrontarse a acusacións de irregularidades financeiras e corrupción política durante o seu mandato presidencial.

Honras[editar | editar a fonte]

Durante a presidencia da Xunta de Galicia de Manuel Fraga, recibiu a Medalla de Ouro de Galicia en 1999.

Corrupción[editar | editar a fonte]

O 27 de abril de 2011 foi condenado a 5 anos de prisión por corrupción por recibir pagamentos ilegais, incluíndo unha mordida da empresa francesa de telecomunicacións Alcatel, que obtivera un gran contrato gobernamental para o ancho de banda de teléfonos móbiles durante a presidencia de Rodríguez. Adicionalmente, había acusacións de que Rodríguez recibira contribucións ilegais de campaña dun político e empresario mexicano, e tamén se alegou que recibira $1,4 millóns de dólares de Taiwán.[1]

En decembro de 2012, foi exonerado por un tribunal de apelación, grazas a unha alegada manipulación das probas.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.