Micko Larkin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMicko Larkin

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento13 de outubro de 1986 Editar o valor em Wikidata (37 anos)
Hammersmith, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónguitarrista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2005 Editar o valor em Wikidata -
Xénero artísticoRock alternativo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
InstrumentoGuitarra Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoWarner Music Group Editar o valor em Wikidata

Musicbrainz: d746a06c-f69d-4036-83e4-4efdba2d0ef7 Discogs: 1286551 Editar o valor em Wikidata

Michael "Micko" Joseph Larkin, nado o 13 de outubro de 1986, é un músico inglés coñecido por ser o guitarrista principal da banda de indie rock Larrikin Love e de Hole dende a súa reforma.

Biografía[editar | editar a fonte]

Larkin naceu en Hammersmith, Londres, de pais irlandeses. No ano 2005 formou a banda de curta vida Larrikin Love co vocalista Edward Larrikin, o baixista Alfie Ambrose e o batería Coz Kerrigan. O grupo foi descrito pola revista NME como parte da ficticia "escena Thamesbeat", e só editou un álbum na súa carreia, The Freedom Spark, ademais de seis sinxelos. Larrikin Love separouse o 4 de maio de 2007, despois de que os seus membros se embarcasen noutros proxectos musicais.

Tras a disolución de Larrikin Love, Larkin mudouse aos Ánxeles para traballar coa antiga líder de Hole, Courtney Love. Mairead Nash, representante dos grupos de indie pop Florence + the Machine e Queens of Noize recomendou a Love traballar con Larkin en xuño de 2007,[1] e tras a súa audición converteuse no guitarrista principal do grupo en solitario de Love, chamado de forma non oficial The Courtney Love Band. Larkin uniuse á banda de Love xunto coa baixista Patricia "Pato" Vidal,[2] o batería Stu Fisher, a pianista Bethia Beadman, e o guitarrista rítmico Liam Wade.[3] Love e o grupo realizaron unha curta xira polo Reino Unido en 2007, que tamén incluíu un concerto en París no mes de xullo.

O 17 de xuño de 2009 Love e Larkin anunciaron a reunión de Hole a través dun webblog de NME.[4] Larkin substituíu o antigo guitarrista e cofundador da banda Eric Erlandson. Nos meses seguintes Erlandson e a antiga baixista Melissa Auf der Maur afirmaron que non podía haber ningunha reunión segundo un contrato que Love e Erlandson asinaran en 2002, tras a separación inicial do grupo, que dicía que o nome de Hole non podería ser usado sen participación mutua. Porén, a reunión de Hole seguiu adiante. O cuarto álbum de estudio da banda, Nobody's Daughter, tivo a Larkin como guitarrista principal, como co-produtor e como principal compositor en catro temas.

O 29 de novembro de 2012 Love dixo a través da conta de Twitter da súa próxima liña de roupa: "a partir de agora chámase Courtney, Hole está morta", implicando que abandonaba o nome de Hole e volvía a actuar como artista en solitario, con Larkin, o baixista Shawn Dailey e o batería Scott Lipps como banda de acompañamento.[5]

Dende o ano 2017 Larkin toca na banda baseada en Liverpool Darlia.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Courtney Love: 'I love Florence And The Machine!' – video | NME". NME Music News, Reviews, Videos, Galleries, Tickets and Blogs | NME.COM (en inglés). 2010-02-26. Consultado o 2020-02-11. 
  2. "Review / Courtney Love @ Bush Hall, Hammersmith, 9/07/07 / Gigs // Drowned In Sound". web.archive.org. 2009-08-22. Arquivado dende o orixinal o 22 de agosto de 2009. Consultado o 2020-02-11. 
  3. "Campaign season". The Star. 2011-06-22. Archived from the original on 22 de xuño de 2011. Consultado o 2020-02-11. 
  4. "The Return Of Hole – Courtney Love's In-The-Studio Video Diary - In The NME Office - NME.COM - The world's fastest music news service, music videos, interviews, photos and free stuff to win". web.archive.org. 2011-06-04. Archived from the original on 04 de xuño de 2011. Consultado o 2020-02-11. 
  5. Bride, Never The (2012-11-28). "it was in sao paulo brazil when hole @courtney @scottlipps micko shawn played their, from now on its called @courtney btw, hole is dead,". @neverthebridecl (en inglés). Consultado o 2020-02-11.