Michael D. Higgins

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMichael D. Higgins

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(en) Michael D. Higgins
(ga) Mícheál D. Ó hUigínn
(gd) Mícheál D. Ó hUigínn Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento18 de abril de 1941 Editar o valor em Wikidata (83 anos)
Limerick, Irlanda Editar o valor em Wikidata
Presidente de Irlanda
11 de novembro de 2011 –
← Mary McAleese
Teachta Dála
14 de xuño de 2007 – 1 de febreiro de 2011 (disolución do parlamento)
Lexislatura: 30th Dáil (en) Traducir

Circunscrición electoral: Galway West (en) Traducir

Teachta Dála
6 de xuño de 2002 – 26 de abril de 2007 (disolución do parlamento)
Lexislatura: 29th Dáil (en) Traducir

Circunscrición electoral: Galway West (en) Traducir

Representante da Asemblea Parlamentaria do Consello de Europa
Representa: Irlanda

22 de xaneiro de 2001 – 27 de xaneiro de 2003
Teachta Dála
26 de xuño de 1997 – 25 de abril de 2002 (disolución do parlamento)
Lexislatura: 28th Dáil (en) Traducir

Circunscrición electoral: Galway West (en) Traducir

Teachta Dála
14 de decembro de 1992 – 15 de maio de 1997 (disolución do parlamento)
Lexislatura: 27th Dáil (en) Traducir

Circunscrición electoral: Galway West (en) Traducir

Teachta Dála
29 de xuño de 1989 – 5 de novembro de 1992 (disolución do parlamento)
Lexislatura: 26th Dáil (en) Traducir

Circunscrición electoral: Galway West (en) Traducir

Teachta Dála
10 de marzo de 1987 – 25 de maio de 1989 (disolución do parlamento)
Lexislatura: 25th Dáil (en) Traducir

Circunscrición electoral: Galway West (en) Traducir

Senador da Irlanda (pt) Traducir
23 de febreiro de 1983 – 17 de febreiro de 1987
Lexislatura: 17th Seanad (en) Traducir

Circunscrición electoral: National University of Ireland (en) Traducir
Teachta Dála
9 de marzo de 1982 – 4 de novembro de 1982 (disolución do parlamento)
Lexislatura: 23rd Dáil (en) Traducir

Circunscrición electoral: Galway West (en) Traducir

Teachta Dála
30 de xuño de 1981 – 27 de xaneiro de 1982 (disolución do parlamento)
Lexislatura: 22nd Dáil (en) Traducir

Circunscrición electoral: Galway West (en) Traducir

Senador da Irlanda (pt) Traducir
1 de xuño de 1973 – 22 de xuño de 1977
Lexislatura: 13th Seanad (en) Traducir

Circunscrición electoral: Nominated members of Seanad Éireann (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaÁras an Uachtaráin (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeIrlanda Editar o valor em Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Nacional da Irlanda, Galway (pt) Traducir
Universidade de Indiana (pt) Traducir
Universidade de Manchester
Universidade de Indiana (pt) Traducir
St. Flannan's College (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , escritor , poeta , politicólogo Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Laborista (1968–2011)
Fianna Fáil (década de 1960–1968) Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua inglesa, lingua irlandesa e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeSabina Higgins
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Páxina webpresident.ie Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm1014980 Facebook: PresidentIRL Twitter: PresidentIRL Youtube: UCT_RKGsFnti_vktYPk8pgEQ WikiTree: Higgins-11470 Editar o valor em Wikidata

Michael Daniel Higgins, en irlandés, Micheál D. Ó hUigínn ; nado en Limerick o 18 de abril de 1941 é un político irlandés, actual presidente de Irlanda. Anteriormente foi deputado, ministro de Cultura e presidente do Partido Laborista .[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos e formación[editar | editar a fonte]

Michael D. Higgins naceu en Limerick, Irlanda. O seu pai, John Higgins, era natural de Ballycar, condado de Clare, e era tenente na compañía de Charleville do IRA. John, así como os seus dous irmáns Peter e Michael, foron participantes activos na Guerra de independencia de Irlanda.[2]

Cando a saúde do pai de John se deteriorou (en parte debido ao seu alcoholismo), John enviou a Michael, que entón tiña 5 anos, e ao seu irmán, que entón tiña 4 anos, a vivir na granxa do seu tío preto de Newmarket-on-Fergus, condado de Clare. As súas irmás xemelgas ficaron en Limerick.[3] Estudou na Ballycar National School e no St. Flannan's College.[4]

Como estudante na Universidade Nacional de Irlanda, Galway, exerceu como vicepresidente da Literary and Debating Society da universidade entre 1963 e 1964, chegando ao cargo de auditor no curso 1964-1965. Tamén foi presidente do Sindicato de Estudantes da universidade entre 1964 e 1965. En 1967, Higgins graduouse na Universidade de Indiana en Bloomington, EUA, cun máster en Socioloxía. [5] Tamén asistiu brevemente á Universidade de Manchester.[6]

Carreira[editar | editar a fonte]

Na súa carreira académica, foi profesor titular no departamento de Ciencias Políticas e Socioloxía da Universidade Nacional de Irlanda, Galway [7] e foi profesor visitante na Universidade do Sur de Illinois.[8] [9] Abandonou os seus cargos académicos para centrarse totalmente na súa carreira política. [10]

Presidente de Irlanda[editar | editar a fonte]

Foi nomeado candidato do seu partido para as eleccións presidenciais de 2011 o 19 de xuño dese ano nunha reunión do Comité Executivo Nacional e do grupo parlamentario do Traballo. El expresara a súa intención de presentarse en setembro de 2010 e derrotou a outros dous candidatos, Fergus Finlay e a ex senadora Kathleen O'Meara. O 29 de outubro de 2011, dous días despois das eleccións presidenciais, Higgins foi declarado vencedor cun total de 1.007.104 votos. Foi reelixido para un segundo mandato nas eleccións de 2018.

Linguas[editar | editar a fonte]

Ademais do inglés, o presidente Higgins domina a lingua irlandesa e o castelán, un idioma que é capaz de ler mesmo textos complexos. No verán de 2012 pasou tres semanas matriculado nun curso para estranxeiros organizado pola Universidade Internacional Menéndez Pelayo na cidade de Santander co fin de perfeccionar o seu nivel de español coma se fose un estudante máis, a pesar da súa condición de Xefe de Estado.[11]

Relación con Galiza[editar | editar a fonte]

Un dos seus fillos foi profesor de inglés en Santiago de Compostela durante catro anos; Nese tempo visitouno e veraneou en Porto do Son.[12] En 2013 fixo unha ofrenda floral na Catedral de Santiago ás vítimas do accidente de Angrois.[13] En 2018 recitou poesía de Martín Codax xunto con con Carlos Núñez, traducida do galego-portugués orixinal ao gaélico irlandés.[14]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Michael D. Higgins". Consultado o 2021-07-16. 
  2. "How Michael D Higgins’s father fought for Irish independence" (en inglés). Consultado o 2021-07-16. 
  3. "Michael D's ode to the presidency" (en inglés). Consultado o 2021-07-16. 
  4. "President returns to Clare to his childhood school" (en inglés). Consultado o 2021-07-16. 
  5. "IU extends congratulations to alumnus who will become Ireland's ninth president: IU News Room: Indiana University". Consultado o 2021-07-16. 
  6. "Irish President meets University President" (en inglés). Consultado o 2021-07-16. 
  7. "Michael's rise from humble beginnings to first citizen" (en inglés). Consultado o 2021-07-16. 
  8. "President Michael Higgins Visits the Midwest | Irish America" (en inglés). Consultado o 2021-07-16. 
  9. "Michael D Higgins, Ireland’s ‘political intellectual’" (en inglés). 2011-01-26. Consultado o 2021-07-16. 
  10. "Michael D. Higgins | Biography, Facts, Party, & Age" (en inglés). Consultado o 2021-07-16. 
  11. Agudo, Alejandra (2012-08-24). "Vacaciones en español para el presidente de Irlanda". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2023-12-09. 
  12. "Higgins: "Disfruto conversando con la gente de Galicia"" (en castelán). Consultado o 2023-12-09. 
  13. Santiago, Concello de. "O presidente de Irlanda, Michael Higgins, visitou o Concello e realizou unha ofrenda floral ás vítimas do accidente de Angrois - Noticias. Ayuntamiento de Santiago de Compostela". santiagodecompostela.gal (en inglés). Consultado o 2023-12-09. 
  14. "Carlos Núñez y el amigo irlandés" (en castelán). 2018-02-18. Consultado o 2023-12-09. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]