Metaliterario

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O metaliterario é un recurso antigo, moi frecuente en todos os xéneros ao longo do século XX, mediante o cal se describen, analizan, comentan ou valoran dentro da obra literaria temas relativos á creación ou ás características do xénero do que se trate. As formas de facelo e os obxectivos perseguidos son moi diversos.

Variedades[editar | editar a fonte]

Metaficción[editar | editar a fonte]

A metaficción é ficción que fala da ficción, algo que se proba en gran cantidade de novelas e contos (á parte de obras doutros xéneros) nos que se recorda ao lector que todo neles é inventado e se aventuran xuízos e reflexións sobre as propias técnicas compositivas. Laurence Sterne, na súa obra Tristam Shandy, usa xa a metaficción nos diálogos que teñen lugar entre o narrador e os seus imaxinarios lectores, xa que o escritor é consciente de que a arte de contar implica reflexión sobre a mesma (e así ocorre con outras artes); desta maneira, é capaz de poñer en cuestión a arte novelística para que os lectores decidan o que está ben e mal. O procedemento, xa antigo, foi moi empregado no século XX.

Metanarración ou metaficción[editar | editar a fonte]

Reflexión, dentro da novela, de cuestións concernentes ás características do xénero ou á súa propia elaboración.

Metapoesía[editar | editar a fonte]

Véxase metaliterario. Un exemplo de metapoesía é o seguinte soneto de Lope de Vega:

Un soneto me manda hacer Violante,
que en mi vida me he visto en tanto aprieto;
catorce versos dicen que es soneto;
burla burlando van los tres delante.
Yo pensé que no hallara consonante,
y estoy a la mitad de otro cuarteto;
mas si me veo en el primer terceto,
no hay cosa en los cuartetos que me espante.
Por el primer terceto voy entrando,
y parece que entré con pie derecho,
pues fin con este verso le voy dando.
Ya estoy en el segundo, y aun sospecho
que voy los trece versos acabando;
contad si son catorce y está hecho.

Metateatro[editar | editar a fonte]

Entre outros moitos exemplos, pódese destacar o episodio dos cómicos ambulantes no Hamlet de Shakespeare ou en El gran teatro del mundo, de Calderón de la Barca.