Maurício Cardoso da Silva

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMaurício Cardoso da Silva
Biografía
Nacemento25 de agosto de 1971 Editar o valor em Wikidata (52 anos)
Limeira, Brasil (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeBrasil Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoDianteiro Editar o valor em Wikidata

Maurício Cardoso da Silva, coñecido como Mauricinho, nado en Limeira, São Paulo, o 25 de agosto de 1971, é un exfutbolista brasileiro, que xogaba como dianteiro.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo do futbolista de Limeira Toninho Matão,[1] naceu nesa mesma cidade paulista o 25 de agosto de 1971, xunto ao seu irmán xemelgo Marcelo.[2] Comezou a xogar ao fútbol no EC Estudantes da súa cidade natal e militou en varios equipos brasileiros como o Rio Branco, o Santo André, o Náutico, o XV de Jaú ou o União São João ou o Sãocarlense. Con todo, o club máis importante polo que pasou foi o São Paulo, co que conquistou en 1992 a Copa Intercontinental, baixo as ordes de Telê Santana.[1]

Casado e con dous fillos, trala súa retirada pasou a exercer como pastor da Igrexa Baptista en Limeira.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Toninho Matão, agil e veloz ponteiro" (en portugués). Consultado o 11 de novembro de 2022. 
  2. 2,0 2,1 "Maurício, limeirense campeão mundial em 1992" (en portugués). Consultado o 11 de novembro de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]