Mary Daly
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de outubro de 1928 Schenectady, Estados Unidos de América (pt) |
Morte | 3 de xaneiro de 2010 (81 anos) Gardner, Estados Unidos de América (pt) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América |
Relixión | Igrexa católica |
Educación | Universidade Católica de América The College of Saint Rose (en) Universidade de Friburgo, Suíza Saint Mary's College (pt) |
Actividade | |
Campo de traballo | Feminismo, filosofía e teoloxía |
Ocupación | teólogo , profesora universitaria , filósofa , escritora , activista polos dereitos das mulleres |
Empregador | Universidade de Boston |
Lingua | Lingua inglesa |
Mary Daly, nada o 16 de outubro de 1928 e finada o 3 de xaneiro de 2010,[1] foi unha pensadora feminista.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Formouse no College of Saint Rose, na Universidade Católica de América e doutorouse en relixión no Saint Mary´s College. Impartiu clases no Boston College dos xesuítas dende 1967 a 1999. Mary Daly rexeitaba admitir homes nas súas clases argüíndo que inhibían a liberdade das mulleres. Isto provocoulle problemas disciplinarios e fixo dela unha bandeira da loita feminista.
Pensamento[editar | editar a fonte]
Seguindo a teoloxía de Paul Tillich Mary Daly tentou facer compatible o cristianismo co feminismo tentando superar o androcentrismo da relixión occidental. Nas súas críticas ás relixións indíxenas entrou en polémica co feminismo negro de Audre Lorde.
Tentou desmontar os estereotipos da sociedade patriarcal que manteñen a muller submisa e encerrada nun submundo de represión e dominación machista que drena a enerxía femenina no seu proveito.
Estudou como o home buscou oprimir a muller ao longo da historia e propón vías de liberación e emancipación. Preocupada polo ecoloxismo defendeu que para evitar a depredación do planeta era fundamental reducir drasticamente o número de homes. Entende que a muller debe dominar sobre o home avogando por unha reversión sociopolítica do poder.
Defendeu unha sexualidade liberada que faga o macho prescindible e criticou o transexualismo como produto dunha tecnoloxía falocrática. Sostén que ningún transexual pode ser unha muller auténtica porque non é quen de asumir os cromosomas femininos e a historia e a experiencia que han de apoderar un futuro de realización e liberación feminina.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Fox, Margalit (2010-01-07). "Mary Daly, a Leader in Feminist Theology, Dies at 81". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2023-06-16.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mary Daly |