Martín Expósito

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMartín Expósito

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1980 Editar o valor em Wikidata (43/44 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Páxina webmartinexposito.es Editar o valor em Wikidata
Twitter: martinexposito Editar o valor em Wikidata

Martín Expósito Sacristán, nado en Madrid en 1980, é un periodista español. Naceu e creceu no madrileño barrio de Vallecas, onde segue residindo na actualidade. Traballou na Emisora Onda Cero Radio, no programa La Rosa de los Vientos de Juan Antonio Cebrián.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a súa andaina no mundo da radio un verán de 1994, da man de Suso Pardeiro, con A toda marcha, programa coral confiado pola emisora de Radio Valadouro a tres mozos con ganas de aprender.

A experiencia fíxolle ver que o seu futuro estaba no mundo da radio, polo que, tralo seu paso polo Colexio Raimundo Lulio, licenciouse en xornalismo pola Universidade Complutense de Madrid.

Foi condutor, durante dez temporadas (1996-2006) do programa Vamos a la playa de Radio Valadouro, proxecto que iniciou con 16 anos e que, pese a ser local, conseguiu que locutores con experiencia e famosos grupos de actualidade musical estatal pasaran polos micros da emisora lucense. Así, Juanma Ortega, Ella Baila Sola, La Oreja de Van Gogh, e outros tantos pasaron polo programa.

Na súa cidade natal foi locutor da emisora RKR Radio Las Rozas. E a nivel estatal traballou en Top Radio España, como colaborador nos espazos La noche más loca (2000-2001) e Abierto al Anochecer (2002); e na emisora do grupo Zeta Flaix FM (2002).

Tamén chegou a cruzar o charco e a traballar na emisora estadounidense WFUN en Ashtabula (Ohio).

No 2003 entrou a formar parte do equipo do programa La Rosa de los Vientos de Onda Cero Radio, baixo a tutela de Juan Antonio Cebrián. Na actualidade exerce como redactor e produtor, tendo a cargo as seccións "Agenda Cultural de DJ Martin" e "El Termómetro de la Tierra".