Mariám Mariño Costales
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1965 (58/59 anos) Vigo, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Empregador | Consello da Cultura Galega |
Lingua | Lingua castelá e lingua galega |
Mariám Mariño Costales, nada en Vigo en 1965, é unha antropóloga galega.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Licenciouse en Filosofía na Universidade de Santiago de Compostela en 1993 especializándose na investigación en Antropoloxía feminista.
Traballa en exclusión e discriminación social, sexualidade, espazo, sexo/xénero, feminismos, redes sociais e construción de identidades.
Investigou e publicou sobre a relación das mulleres e os museos, a presenza de mulleres nos rueiros urbanos, as organizacións de lesbianas e sobre o movemento feminista en Galicia.
Desde 2005 traballa nas liñas de igualdade do Consello da Cultura Galega, coordina o Álbum de Mulleres e a coordinación e edición de A Saia. É coautora do informe Recuperación da documentación e memoria do Movemento Feminista Organizado en Galicia.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Mariám Mariño Costales no sitio web do Consello da Cultura Galega.