Marcial Suárez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Marcial Suárez Fernández 15 de febreiro de 1918 Allariz, España |
Morte | 26 de agosto de 1996 (78 anos) A Aguieira, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | escritor , tradutor |
Lingua | Lingua castelá e lingua galega |
Marcial Suárez Fernández, nado en Allariz o 15 de febreiro de 1918 e finado na Aguieira (Porto do Son) o 26 de agosto de 1996, foi un escritor e xornalista galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fixo o bacharelato universitario en Ourense e cursou estudos na Normal. Despois da Guerra Civil trasladouse a Madrid. Foi redactor de Radio Madrid durante catorce anos. Foi mestre e xornalista, colaborador de diversos medios de comunicación, en 1965 obtivo o Premio Isaac Fraga pola obra teatral Las monedas de Heliogábalo.
Obras[editar | editar a fonte]
- La llaga, 1948.
- Calle de Echegaray, 1950.
- El agua y el vino, 1988.
- Dios está lejos, 1988.
- Allariz, 1991.
Obra en galego[editar | editar a fonte]
- O acomodador e outras narraciós, 1969. Despois incluído na Biblioteca de Autores Galegos.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Dicionario biográfico de Galicia. Ir Indo Edicións. 2010-2011.
- Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán). Bibliófilos Gallegos.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. ISBN 84-7492-465-0.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da literatura galega. Autores I. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-019-5.