María Xosé Bravo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMaría Xosé Bravo
Biografía
Nacemento(gl) María Xosé Bravo San José Editar o valor em Wikidata
1957 Editar o valor em Wikidata (66/67 anos)
O Bolo, España Editar o valor em Wikidata
Concelleira do Concello da Coruña
2007 – 2015 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica , educadora Editar o valor em Wikidata
Partido políticoBloque Nacionalista Galego Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

María Xosé Bravo San José, nada no Bolo[1] en 1957, é unha educadora[2] e política galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Profesional[editar | editar a fonte]

Bravo leva unha carreira de máis de tres décadas dedicada ao Ensino, ao que volveu logo do seu paso pola Corporación Municipal da Coruña. Foi mestra no Centro Público Integrado de Carral e logo orientadora no IES de Zalaeta coruñés.[2]

Desde 2017 é presidenta da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda.

Política[editar | editar a fonte]

Foi Secretaria de Comunicación dentro da Executiva do BNG que se formou logo da XII Asemblea Nacional en decembro de 2006.[3] Após as eleccións municipais de 2007 entrou a formar parte do Goberno Municipal bipartito da Coruña como concelleira de Cultura e Museos.

En 2010 autodescartouse como cabeza de lista polo BNG para as eleccións municipais de 2011 no medio da batalla política que tiña lugar entre as correntes daquela existentes na formación nacionalista.[4] En 2011, por mor da vitoria por maioría absoluta do Partido Popular na cidade herculina, pasou ás bancadas da oposición.

Os malos resultados colleitados nas eleccións municipais de 2015, ás que acudira como segunda nunha lista que volvía liderar Xosé Manuel Carril, provocaron a súa renuncia á primeira liña na política municipal. Nas eleccións xerais de 2019 figurou como número 2 na lista ao Congreso pola Coruña[5]. Foi parte do Consello Local do BNG ata decembro de 2021.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "1957: Ferrín e Xoana Torres". Consultado o 2022-02-02. 
  2. 2,0 2,1 La Opinión de A Coruña. "María Xosé Bravo, exedil do BNG (2007-2015): "Nunca deixei a política, os que somos militantes nunca a deixamos"". Consultado o 2017-08-01. 
  3. A. Losada - Galicia Hoxe (30.01.2007). "María Xosé Bravo: "O BNG ten que identificarse como opción do cambio galego"". Arquivado dende o orixinal o 01 de agosto de 2017. Consultado o 2017-08-01. 
  4. R. García, J. M. Gutiérrez. "La edil María Xosé Bravo se descarta como candidata del BNG a la Alcaldía coruñesa". www.laopinioncoruna.es. Consultado o 2017-08-01. 
  5. "El BNG presenta su lista al Congreso con el santiagués Néstor Rego a la cabeza". Cadena SER. Consultado o 2022-02-02. 
  6. "A militancia elixe o novo Consello Local, que volve estar liderado por David Soto". BNG Cidade da Coruña. Consultado o 2022-02-02.