María Catrileo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1944 (79/80 anos) Nueva Imperial, Chile |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Chile |
Actividade | |
Ocupación | lingüista , mestre de educación primaria |
Empregador | Universidade Austral de Chile |
Lingua | Lingua castelá e Lingua mapuche |
María Catrileo Chiguailaf de Codo, nada en Nueva Imperial en 1944, é unha lingüista mapuche das linguas castelá, inglesa e mapuche. En 2009 recibiu o Premio Provincial de Conservación de Monumentos Nacionais debido aos seus estudos de falantes da lingua mapuche.[1]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Nada en Nueva Imperial, pasou a súa nenez nunha comunidade mapuche e logo trasladouse para estudar en Temuco, e posteriormente a Concepción. A súa lingua materna é o mapuche, mais durante a súa nenez, algúns familiares prohibíronlle falala e logo, na escola, aprendeu o castelán. É profesora de educación básica, inglés e mapuche, se cadra a única do mundo que reúna as tres disciplinas.[2]
O traballo de Catrileo centrouse na fonoloxía e na morfosintaxe da ingua mapuche e especialmente a forma verbal. Vive na cidade de Temuco, mais traballa no Instituto de Lingüística e Literatura da Universidade Austral de Chile, en Valdivia, onde imparte cursos de mapuche. É autora dos libros Mapudunguyu, Diccionario lingüístico etnográfico de la lengua mapuche e La Lengua Mapuche en el Siglo XXI.
Ademais, traballou para a Universidade de Míchigan, nos Estados Unidos de América, escribindo documentos sobre diferentes temas relacionados coa cultura mapuche.