María Amélia Buarque de Hollanda
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 25 de xaneiro de 1910 Río de Xaneiro, Brasil |
Morte | 4 de maio de 2010 (100 anos) Río de Xaneiro, Brasil |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Brasil |
Actividade | |
Ocupación | política , Intelectual |
Partido político | Partido dos Traballadores |
Lingua | Lingua portuguesa |
Familia | |
Cónxuxe | Sérgio Buarque de Hollanda (1936–1982) |
Fillos | Chico Buarque, Ana de Hollanda (pt) , Cristina Buarque (pt) , Miúcha |
Maria Amélia Alvim Buarque de Hollanda, nada no Río de Xaneiro, o 25 de xaneiro de 1910 [1] e finada ibídem no 4 de maio de 2010[2] foi unha intelectual, política, pintora e pianista brasileira.[2] [3]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Filla de Francisco Cesario de Faria Alvim (1880-1946) e de María do Carmo Carvalho (1888-1976), era neta de Cesário Alvim, muller de Sérgio Buarque de Holanda, con quen casou en 1936, e nai de sete fillos, entre eles Chico Buarque, Miúcha, Ana de Hollanda e Cristina Buarque, María Amélia foi chamada Memélia entre os seus familiares , alcume que recibiu a súa neta Bebel Gilberto, filla de Miúcha con João Gilberto.[2] [4] Foi unha das fundadoras do Partido dos Traballadores.[5] Maria Amélia tamén foi colaboradora intelectual de parte da obra de Sérgio Buarque de Holanda, segundo un comunicado de Antonio Candido no filme Raízes do Brasil: uma cinebiografia de Sérgio Buarque de Hollanda. No seu 100º aniversario, que tivo lugar en 2010, estiveron presentes personalidades como Oscar Niemeyer, Antonio Candido, Frei Betto, Affonso Arinos de Mello Franco e o entón presidente Lula da Silva.[2]
Morreu no seu apartamento, en Copacabana, mentres durmía, o 4 de maio de 2010, menos de catro meses despois do seu 100 aniversario. [6] [7]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Holanda, Bartolomeu Buarque de (2007). Buarque : uma família brasileira. Rio de Janeiro: Casa da Palavra. p. 124. ISBN 85-7734-086-4. OCLC 191049999. Consultado o 3 de marzo de 2023.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 "Saiba mais sobre Maria Amélia Buarque de Holanda". Consultado o 29 de xullo de 2019.
- ↑ "O adeus a Maria Amélia Buarque de Holanda" (en portugués). 2010-05-06. Consultado o 2022-10-08.
- ↑ "Uma conversa com Maria Amélia, mãe de Chico Buarque e amiga de Lula, que faz 100 anos". Consultado o 29 de xullo de 2019.
- ↑ "Morre Maria Amélia Buarque de Hollanda, mãe de Chico Buarque". Consultado o 19 de julho de 2010.
- ↑ "Morre Maria Amélia Buarque de Hollanda, mãe de Chico". Consultado o 29 de xullo de 2019.
- ↑ "Morre no Rio Maria Amélia, mãe de Chico Buarque e Miúcha". Arquivado dende o orixinal o 29 de xullo de 2019. Consultado o 29 de xullo de 2019.