María Álvarez Martínez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1983 (40/41 anos) Vigo, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | profesora de ensino secundario , escritora |
Lingua | Lingua galega |
María Álvarez Martínez, coñecida como Masha Álvarez, nada en Vigo en 1983, é unha profesora, escritora e música galega.[1]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Licenciada en Filoloxía inglesa pola Universidade de Vigo. Traballou en Dacota do Sur. É profesora de educación secundaria no IES Martaguisela no Barco de Valdeorras. Vive entre Lalín e Arcade.[2] Toca a gaita no grupo Os Residuos Atractivas.[3]
Obra[editar | editar a fonte]
- Dakota (2024). Vigo: Galaxia. 68 páxs. ISBN 978-84-1176-196-3. Poesía.
Premios[editar | editar a fonte]
- 3º premio no XXXIII Certame Rosalía de Castro de Cornellà 2020.
- I Certame Insua e o Liño 2021.
- XV Premio de poesía Victoriano Taibo 2023.[4]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Álvarez, Masha". Editorial Galaxia. Consultado o 2024-05-10.
- ↑ «Dakota» de Masha, gaña o Premio de Poesía Victoriano Taibo de Gondomar
- ↑ Os Residuos Atractivas
- ↑ A poeta María Álvarez Martínez, Masha, gaña o Victoriano Taibo con “Dakota”