Manuel da Ventosela
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de marzo de 1907 O Rosal, España |
Morte | 7 de novembro de 1944 (37 anos) O Rosal, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | poeta |
Lingua | Lingua castelá |
Manuel Álvarez Rivero, coñecido como Manuel da Ventosela, nado en Novás (O Rosal) o 29 de marzo de 1907 e finado no mesmo concello o 7 de novembro do 1944, foi un poeta galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Con 14 anos emigrou a Sevilla onde traballou no comercio co seu tío Francisco Lorenzo Fernández. Volveu a Galicia a facer o Servizo Militar en Ferrol. Publicou poemas e relatos en Heraldo Guardés, El Pueblo Gallego, Vida Gallega, Nuevo Heraldo e Alma Gallega. En 1932 publicou o poemario Lágrimas del corazón. Volveu de Sevilla para incorporarse á guerra no bando franquista e escribiu poesía e crónicas en diversos xornais. Ao rematar a guerra foi concelleiro no Rosal e depositario municipal. Entre 1942 e 1943 formou parte da directiva da Sociedade Liga de Amigos, da que foi secretario e bibliotecario.
En 2007 o concello do Rosal editou Novos poemas de Manuel da Ventosela en galego e castelán.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Manuel da Ventosela |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- "Álvarez Rivero, Manuel". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) I. Bibliófilos Gallegos. p. 52.