Manuel Ruso Alonso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaManuel Ruso Alonso
Biografía
Nacementoséculo XIX Editar o valor em Wikidata
Galicia, España Editar o valor em Wikidata
Morte13 de febreiro de 1954 Editar o valor em Wikidata
A Chancela, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Negreira
1924 – 1930 – Victoriano Fabeiro García → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Manuel Ruso Alonso, finado na Chancela (Negreira) o 13 de febreiro de 1954, foi un xornalista e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ferreiro de Logrosa. Colaborou en A Fouce e dirixiu El Agrario Barcalés. Foi presidente da Federación Agraria de Negreira (1923)[1] e foi detido con Salvador García-Bodaño Fernández en agosto de 1923 por promover unha reunión ilícita.[2] Na ditadura de Primo de Rivera foi nomeado alcalde de Negreira (1924-1930). En xaneiro de 1936 foi elixido presidente do Bloque Nacional de Negreira.[3] Logo golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi concelleiro e tenente alcalde. Finou na Chancela o 13 de febreiro de 1954.[4]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou co Josefa Moure Romariz, e foi pai de Benigna, Eulalia, José, Ricardo, Elías e Dolores Ruso Moure.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Compostelano, 23-7-1923, p. 2.
  2. La Voz de Galicia, 31-8-1923, p. 4.
  3. Alborada, 22-1-1936, p. 9.
  4. Necolóxicas en El Ideal Gallego, 14-2-1954, p. 13, e 16-2-1954, p. 9.


Predecesor:
?
 
Alcalde de Negreira
 
1924 - 1930
Sucesor:
Victoriano Fabeiro García