Manuel Piñeiro Groba
(1923) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de xaneiro de 1890 Cristiñade |
Morte | valor descoñecido valor descoñecido |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | mestre , xornalista |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Irmáns | Mariano Piñeiro Groba e Saturnino Piñeiro |
Manuel Piñeiro Groba, nado en Cristiñade (Ponteareas) o 1 de xaneiro de 1890, foi un mestre, agrarista e xornalista galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Estudou no Porriño, ao lado do seu irmán o sacerdote Mariano Piñeiro Groba. En 1905 comezou a estudar Maxisterio en Ponteareas. Aprobou a carreira en 1907 e ao ano seguinte comezou a exercer de mestre en Trabadelo. Dirixiu o xornal El Tea de 1927 a 1936. Foi concelleiro de Ponteareas, e mestre na escola Antorcha de Cristiñade. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 sufriu expediente de depuración e foi suspendido de emprego e soldo. Na década de 1960 foi presidente da Cooperativa del Campo San Miguel de Ponteareas.[1]
Recoñecementos[editar | editar a fonte]
- Medalla da Cooperación Agraria Española (1978).
- Foi nomeado fillo predilecto de Ponteareas en 1982.[2]
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou con Inocencia Iglesias Barcia.[3]
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Candeira, Marta (2010). "Manuel Piñeiro Groba, un corazón agrarista". Galegos = Gallegos: 106–111.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Na honra do mestre Manuel Piñeiro Groba, no blog Soutovidal, xuño de 2009.
- Manuel Piñeiro Groba na páxina web Nomes e Voces.