Manuel Maneiro Maneiro
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1906 Porto do Son, España |
Morte | 1942 (35/36 anos) Madrid, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | carpinteiro , político |
Lingua | Lingua castelá |
Manuel Maneiro Maneiro, nado en Porto do Son en 1906 e finado en Madrid en 1942, foi un carpinteiro e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Carpinteiro en Porto do Son e militante do Partido Comunista. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e levado á prisión de Santiago de Compostela. Xulgado en Compostela por rebelión, foi condenado a cadea perpetua. Trasladado á prisión da Coruña, foi liberado en 1940. En xullo de 1941 foi novamente detido en Porto do Son, trasladado a Madrid e internado no cárcere de Yeserías, onde morreu en 1942 debido a bronquite crónica que se lle agravou coas torturas e na prisión.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Díaz Fernández, Xerardo (1982). Os que non morreron. Sada: Do Castro. pp. 21–22. ISBN 84-7492-126-0.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Manuel Maneiro Maneiro na páxina web Nomes e Voces.