Manuel Iglesias Filgueira
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de outubro de 1905 Pontevedra, España |
Morte | 20 de xullo de 1936 (30 anos) Pontevedra, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | mestre , político |
Lingua | Lingua castelá |
Manuel Iglesias Filgueira, nado en Pontevedra o 9 de outubro de 1905[1] e finado no mesmo concello o 20 de xullo de 1936, foi un mestre e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Veciño de Mourente. Estudou Maxisterio na Escola Normal de Pontevedra. Foi mestre en Merza (1931),[2] Folgoso e dende 1935 do Confurco (Xinzo, Ponteareas).[3] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi asasinado en Pontevedra o 20 de xullo cando fuxía cara á súa casa de Mourente polo campo da feira, rexistrandose a súa morte a causa de hemorraxia por disparo de arma de fogo.[4]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Primer escalafón de maestros de escuelas nacionales existentes en 31 de diciembre de 1933. Madrid: Ministerio de Instrucción Pública y Bellas Artes. 1934. p. 42.
- ↑ El Pueblo Gallego, 7-11-1931, p. 7.
- ↑ El Noticiero Gallego, 4-10-1934, p. 2.
- ↑ O 20 de xullo de 1936 en Pontevedra: o golpe (2)
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Manuel Iglesias Filgueira na páxina web Nomes e Voces.