Manuel Castro Castro
Biografía | |
---|---|
Nacemento | O Incio, España |
Morte | 30 de agosto de 1938 Lugo, España |
Datos persoais | |
Outros nomes | Eirexalba Rei |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Manuel Castro Castro, coñecido como Eirexalba e Rei, nado no Incio e finado en Lugo o 30 de agosto de 1938, foi un político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Afiliado a Falanxe do Incio a comezos de 1936. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi membro da Escuadra Negra de Eirexalba ás ordes de Manuel Díaz López "Chaquetón" e participou nos asasinatos de Manuel Díaz González, Jesús Casas González e Rosendo Vila Fernández. Foi nomeado policía local en Sarria en 1938. Foi acusado con Manuel Díaz López do asasinato de Manuel Saco Rivera, abatido a tiros ao saír do Casino de Sarria a finais de agosto de 1938 en atentado político de escuras motivacións, e ambos foron detidos xunto co indutor, o que fora xefe local de Falange de Sarria, Eduardo Gómez Requejo. Ingresaron no cárcere de Lugo xunto co xefe provincial de Falange Ramón Martínez Losada. Foron procesados e xulgados en consello de guerra, sendo executados Manuel Saco e Manuel Castro no patio do cárcere de Lugo o 30 de agosto de 1938.[1] Ao indutor do crime, Eduardo Gómez Requejo, Franco concedeulle o indulto polo primeiro aniversario da vitoria, en abril de 1940.[2]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Fernández Santander, Carlos (2000). Alzamiento y guerra civil en Galicia (1936-1939). Sada: Do Castro. pp. 881–883. ISBN 84-7492-951-2.
- ↑ El Pueblo Gallego, 3-4-1940, p. 1.