Malam Bacai Sanhá

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMalam Bacai Sanhá

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento5 de maio de 1947 Editar o valor em Wikidata
Empada (Privíncia Ultramarina da Guiné) Editar o valor em Wikidata
Morte9 de xaneiro de 2012 Editar o valor em Wikidata (64 anos)
5.º arrondissement de Paris, Francia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da morteDiabetes mellitus Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaFortaleza de São José da Amura (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Presidente da Guiné-Bissau (pt) Traducir
8 de setembro de 2009 – 9 de xaneiro de 2012
← Raimundo Pereira (pt) TraducirRaimundo Pereira (pt) Traducir →
Presidente da Guiné-Bissau (pt) Traducir
14 de maio de 1999 – 17 de febreiro de 2000
← Ansumane Mané (pt) TraducirKumba Ialá →
Membro da Assembleia Popular Nacional da Guiné-Bissau (pt) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeGuinea-Bisau Editar o valor em Wikidata
RelixiónIslam Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Africano para a Independência da Guiné e Cabo Verde (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua portuguesa Editar o valor em Wikidata
Premios

Malam Bacai Sanhá, nado en 1947 e finado o 9 de xaneiro de 2012 en París, foi un político de Guinea-Bisau.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Elixido o 28 de xuño do 2009[1] asumiu o 8 de setembro do mesmo ano.[2] Anteriormente actuou como presidente interino do seu país, entre o 14 de maio de 1999 e o 17 de febreiro de 2000.

Antigo membro do Partido Africano para a Independencia de Guinea e Cabo Verde (PAIGC), Sanhá actuou como gobernador das rexións de Gabú e Bafatá e ocupou varios cargos ministeriais antes de converterse en presidente da Asemblea Nacional do Pobo en 1994. Unha guerra civil estalou en xuño de 1998 entre elementos do exército que seguían ao xeneral Ansumane Mané e os leais ao presidente João Bernardo Vieira. O 26 de novembro de 1998 Sanhá presidiu a primeira sesión da Asemblea Nacional do Pobo desde o comezo da guerra. Aínda que foi crítico tanto cos rebeldes como con Vieira, focalizou máis as súas críticas neste último. Logo do derrocamento de Vieira o 7 de maio de 1999, Sanhá foi nomeado presidente interino pola xunta militar presidida por Mané o 11 de maio. A súa designación para suceder a Vieira intentouse facer en respecto á Constitución, e debía ocupar o cargo ata as novas eleccións que debían celebrarse a fin de ano. Sanhá tomou posesión do seu cargo o 14 de maio, prometendo paz e o fin das persecucións políticas.

Na primeira volta das eleccións presidenciais subseguintes, celebrada o 28 de novembro de 1999, Sanhá terminou segundo con 23,37% dos votos. Na segunda volta, realizada o 16 de xaneiro de 2000, obtivo soamente o 28,0% dos votos contra o 72,0% de Kumba Ialá. A xunta militar dirixida por Manei apoiaba a candidatura de Sanhá.

Logo dun golpe militar que en 2003 derrotou a Ialá e dun período de goberno de transición, celebráronse novas eleccións presidenciais o 19 de xuño de 2005, nas que tres expresidentes (Sanhá, Vieira e Ialá) foron os principais candidatos. Sanhá, de novo intervindo como candidato do PAIGC, terminou primeiro con 35,45% dos votos. O ex xefe de Estado João Bernardo Vieira situouse segundo con 28,87%. Malia o seu triunfo na primeira volta, Sanhá perdeu a segunda volta que tivo lugar o 24 de xullo de 2005 fronte a Vieira, por 47,65% a 52,35%. Con todo, recusouse a aceptar o resultado, prometendo levar o caso á Suprema Corte.

Sanhá disputou o liderado partidario ao presidente do PAIGC, Carlos Gomes Júnior, no Sétimo Congreso Ordinario de xuño-xullo de 2008. Con todo, Gomes foi reelecto ao final do Congreso, o 1º e 2 de xullo, ao recibir 578 votos contra 355 en favor de Sanhá.

O 2 de marzo de 2009 foi asasinado Vieira nun golpe de estado militar e Raimundo Pereira asumiu o poder interinamente o día seguinte. Os militares prometeron respecto ás regras de succesión establecidas na constitución do país. Houbo eleccións o 28 de xuño de 2009[3] que foron vencidas por Sanhá, que asumiu o poder o 8 de setembro do mesmo ano[2].

En novembro de 2011 foi trasladado a París gravemente enfermo, e faleceu na capital francesa o 9 de xaneiro de 2012, logo de pasar varios días en coma[4].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Bissau Digital - 1 de abril de 2009". Arquivado dende o orixinal o 21 de xaneiro de 2012. Consultado o 29 de maio de 2011. 
  2. 2,0 2,1 Malam Bacai Sanhá toma posse como presidente de Guiné-Bissau - Folha Online, 8 de setembro de 2009
  3. "Bissau Digital - 1 d'abril de 2009". Arquivado dende o orixinal o 21 de xaneiro de 2012. Consultado o 29 de maio de 2011. 
  4. Le président de Guinée-Bissau meurt à Paris, Le Monde, 9/1/2012.