Luisa Gayoso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaLuisa Gayoso
Biografía
Nacementoséculo XX Editar o valor em Wikidata
Morteséculo XX Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata


Luisa Gayoso foi unha poeta e propagandista galega, probablemente nada en Santiago de Compostela, quen puido usar este nome como pseudónimo e cuxa identidade real se descoñece.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Pertenceu á Juventud Católica Femenina de Santiago de Compostela, na que consta como asociada polo menos desde xaneiro de 1928[1]. A súa actividade poética nas reunións e actos que desenvolvía esta asociación era declamada sempre por outros, polo que este é outro motivo para pensar que Luisa Gayoso non era o seu nome real. Á parte dos seus poemas, destaca o seu «estudo comparativo dos dereitos civís recoñecidos á muller nas distintas lexislacións», nunha reunión celebrada no Salón Teatro en decembro de 1929 [2], temática na que semella estivo comprometida firmemente.

Entre 1928 e 1929 publicou algúns dos seus poemas no boletín da referida asociación católica e, finalmente, a finais de 1930 publicou na Imprenta do Seminario Conciliar Central de Santiago o poemario Myosotis. Poesías, cun total de 52 poemas. Antón de Pepiño fixo nas páxinas de El Ideal Gallego unha crítica favorable[3].

Entre outubro de 1932 e outubro de 1939 publicáronse en El Compostelano varios dos seus poemas contidos en Myosotis. Tamén apareceu no xornal El Eco de Santiago, en xuño de 1933, un poema seu titulado "A Mosquera Pérez", inédito ata ese momento[4]. Tamén mantivo correspondencia no ano 1933 con Xosé Mosquera Pérez, coñecido como O vello dos contos, a propósito da súa actividade radiofónica[5].

A súa obra foi citada nos anos da posguerra, entre 1941 e 1949 por autores como Diego de Muros, quen parecía coñecela ben[6].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Juventud Católica Femenina". El Eco de Santiago (en castelán). 28-1-1928. p. 2. La señorita Joaquinita Baltar leyó una hermosa poesía de la señorita asociada Luisa Gayoso, que fue muy aplaudida 
  2. "Juventud Católica Femenina". El Eco de Santiago (en castelán). 21-12-1929. p. 2. La cultísima e infatigable Luisa Gayoso, presentó otro trabajo, esto es, un estudio comparativo de los derechos civiles reconocidos a la mujer en las diversas legislaciones de todos los pueblos cultos de Europa y América, para deducir cómo la española es poco favorable a los derechos de la mujer; pero señalando cómo ya se va abriendo camino a las reivindicaciones justas. Fue un trabajo de erudición grande el de la señorita Gayoso, que como los anteriores mereció unánimes elogios. El tema tratado en esta sesión, continuará siendo estudiado y discutido en otras 
  3. "Myosotis". El Ideal Gallego (en castelán) (A Coruña). 24-4-1931. p. 4. 
  4. "El homenaje que ayer se rindió "O vello dos contos" de la Emisora gallega de Unión Radio". El Eco de Santiago (en castelán). 19-6-1933. p. 1. 
  5. Carta gardada no arquivo do Padroado da Fundación Rosalía de Castro, coa sinatura M001 027, dentro do Fondo Xosé Mosquera Pérez.
  6. "Don Adolfito, el último trovador". El Correo Gallego (en castelán) (Santiago). 10-8-1941. p. 4. Cuando Luisa Gayoso, que seguramente recibe El Correo Gallego-Eco de Santiago, donde quiera que se halle, terminare la lectura de sus poesías escritas en tiempo que hoy su argenteo cabello tenía las tonalidades del oro nativo (...) 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]