Luis de Angulo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de xuño de 1911 Granada, España |
Morte | 26 de setembro de 2001 (90 anos) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | avogado |
Lingua | Lingua castelá |
Luis de Angulo Montes, nado en Granada o 1 de xuño de 1911 e finado na mesma cidade o 26 de setembro de 2001, foi un avogado e político español.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Procurador en Cortes durante o réxime franquista en representación dos colexios de avogados de España dende a década de 1960, foi designado polo rei Xoán Carlos como senador. Na cámara alta, integrouse no grupo de senadores da UCD. Nomeado Director xeral de Xustiza no ministerio de Landelino Lavilla, non se presentou ás eleccións de 1979, e foi destituído uns meses despois.
Foi tamén decano do colexio de Avogados de Granada durante as últimas décadas do século XX.