Luciano Cid Hermida
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1843 Santiago de Compostela, España |
Morte | xaneiro de 1914 (70/71 anos) Ourense, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista |
Lingua | Lingua castelá |
Luciano Cid Hermida, nado en Santiago de Compostela en 1843 e finado en Ourense en xaneiro de 1914[1], foi un escritor e xornalista galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Militou no Partido Liberal ao lado do deputado Vicente Pérez. Colaborou en El Trabajo, El Derecho e El Miño e dirixiu os periódicos El Progreso, La Tertulia, La Unión Democrática, La Opinión Liberal, Álbum Literario e Crónica Literaria. O seu traballo sobre "El tributo de las cien doncellas" resultou premiado no concurso que tivo lugar en Cádiz en 1886.
Obras[editar | editar a fonte]
- El mejor juez es Dios, 1887.
- Medios de combatir la actual crisis agrícola y pecuaria de Galicia, 1887.
- Leyendas, tradiciones y episodios históricos de Galicia, 1891, Biblioteca Gallega.
- Biografía del insigne poeta gallego Manuel Curros Enríquez, 1908.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Necrolóxica en Gaceta de Galicia, 9-1-1914, p. 2
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Vilanova Rodríguez, Alberto (2002). Los días históricos de Galicia. Sada: Ediciós do Castro. p. 184.