Lucenza, Lucenza, Cualedro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lucenza

Cruceiro en Lucenza
ParroquiaLucenza
ConcelloCualedro
Coordenadas41°57′10″N 7°37′18″O / 41.952777777778, -7.6216666666667Coordenadas: 41°57′10″N 7°37′18″O / 41.952777777778, -7.6216666666667
Poboación146 hab. (2011)
editar datos en Wikidata ]
Xacemento de Santa Marta.
Capela de Santa Marta.

Lucenza é un lugar da parroquia de Lucenza no concello ourensán de Cualedro na comarca de Verín. Tiña 146 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE[1] e do IGE[2], dos cales 76 eran homes e 70 mulleres.

Historia[editar | editar a fonte]

Preto do lugar están os poboados castrexos da Saceda e San Millán. Segundo o historiador e arqueólogo local Antonio Rodríguez Colmenero a orixe da aldea está nun asentamento romano, tipo vila, propiedade dun romano chamado Lucenatius.

Xunto á aldea están as ruínas da vila romana de Santa Marta. Na idade media Lucenza formou parte do Condado de Monterrei. En Lucenza consérvase un dos poucos pozos de neve de Galicia, o Pozo dos Mouros, que data do século XV. Foi construído para conservar a neve e abastecer de xeo aos condes de Monterrei. En 1710, no marco da guerra hispano-portuguesa, a torre de Lucenza transformouse en forte defensivo.

A Pena de Muller (950) é un monte da serra do Larouco, e conta cunha formación granítica.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Lucenza[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Lucenza no concello de Cualedro (Ourense)

Lucenza | A Saceda

Parroquias de Cualedro[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Cualedro

Atás (Santa María) | Baldriz (San Bartolomeu) | Carzoá (San Roque) | Cualedro (Santa María) | Lucenza (Santa María) | Montes (Santa Baia) | Rebordondo (San Martiño) | San Millao (Santa María) | Vilela (Santiago) | A Xironda (San Salvador)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. INE (ed.). "Instituto Nacional de Estadística. Nomenclátor. Relación de unidades poblacionales" (en castelán). Consultado o 21.febreiro.2013. 
  2. IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor de Galicia – Cualedro – Lucenza" (en galego). Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2020. Consultado o 21.febreiro.2013.