Lucía Molares

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaLucía Molares
Biografía
Nacemento1968 Editar o valor em Wikidata (55/56 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidad Nacional de Educación a Distancia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Lucía Emilia Molares Pérez, nada en Vigo en 1968, é unha política galega, do PPdeG.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciouse en Económicas pola Universidade de Vigo e posteriormente estudou tamén Dereito na UNED e obtivo un mestrado de Xestión e administración sanitaria tamén pola universidade viguesa. En 1993 aprobou as oposicións de funcionaria da Xunta de Galicia e dous anos máis tarde xa é secretaria provincial do Sergas en Pontevedra, nun equipo dirixido polo PPdeG.

En 1996 marchou a Madrid para incorporarse como directora de gabinete do secretario de estado para as Administracións Públicas ás ordes de Francisco Villar García-Moreno e do ministro Mariano Rajoy. Seguiu a Villar García-Moreno á Secretaria de Estado para o Deporte, ata o ano 2000. Posteriormente regresa á política galega e á Xunta de Galicia, onde se encarga da delegación provincial en Pontevedra da Consellería de Asuntos Sociais entre 2001 e 2003. Nese ano preséntase ás municipais en Vigo, e sae elixida concelleira. Meses despois consegue a alcaldía a popular Corina Porro e Molares asome as áreas de Turismo, Comercio, Deportes, Emprego, Voluntariado, Mocidade e Muller. Permanece como concelleira logo da derrota electoral de Porro nas municipais de 2007, ata 2009 data en que regresa á Xunta de Galicia coa vitoria de Alberto Núñez Feijóo, para facerse coa deleción territorial da Xunta en Vigo.

Continúa neste posto ata que en 2012 é nomeada directora de SEPES, a sociedade estatal de xestión do solo, co que regresa a Madrid, desta volta no equipo de Ana Pastor.