Louis de la Saussaye
Louis de la Saussaye, pintado por Emma Leroux de Lincy (1845) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de marzo de 1801 Blois, Francia |
Morte | 25 de febreiro de 1878 (76 anos) Cheverny, Loir e Cher. |
Q48702972 | |
1856 – 1873 | |
Presidente Société nationale des Antiquaires de France (en) | |
1846 – 1846 ← Arthur Nouail de La Villegille (pt) – Alphonse Taillandier (pt) → | |
Q61744647 | |
1842 – 1870 | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Francesa. |
Coñecido por | Presidente da Sociedade de Anticuarios de Francia. Reitor da Academia de Lión. |
Actividade | |
Campo de traballo | Historiografía e numismática. |
Ocupación | numismático , historiador , arqueólogo |
Empregador | Académie des inscriptions et belles-lettres. Académie des sciences, belles-lettres et arts de Lyon. Société linnéenne de Lyon. Société des sciences et lettres de Loir-et-Cher. Comité des travaux historiques et scientifiques. Société française d'archéologie. |
Membro de | Belles-Lettres et Arts Académie des Sciences (pt) (1857–1878) Academia de Inscricións e Linguas Antigas (membro ordinario) (1845–1878) Société linnéenne de Lyon (en) Société des sciences et lettres de Loir-et-Cher (en) Comité des travaux historiques et scientifiques Société française d'archéologie (en) (membro correspondente) |
Lingua | Lingua francesa |
Familia | |
Cónxuxe | AméliePetit-Parreau (1828). |
Premios | |
Comendador da Lexión de honra (1869). | |
Lista
|
Jean François de Paule Louis Petit de La Saussaye, nado en Blois, Loir e Cher, o 6 de marzo de 1801 e finado no castelo de Troussay, en Cheverny, Loir e Cher, o 25 de febreiro de 1878, foi un historiador, numismático e erudito francés do século XIX.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Primeiros anos[editar | editar a fonte]
Louis de la Saussaye naceu na vila de Blois, departamento de Loir e Cher, o 15 ventoso do ano IX do calendario republicano francés, equivalente ao 6 de marzo de 1801.[1][2][3] Procedía dunha antiga familia de Orleáns,[4] fillo de Anne Louise e de François de Paule de La Saussaye.[5] Ao morrer o seu pai cara a 1815, foi acollido polo seu tío, M. de Réméon, e pasou a residir no castelo de Troussay, en Cheverny.[2]
Carreira erudita[editar | editar a fonte]
Logo de estudar o bacharelato de letras no Collège de Blois, iniciouse na carreira militar e logo ocupou diversos postos ao servizo do rei, entre eles o de recadador de impostos en Blois e bibliotecario na mesma cidade.[2] Posteriormente dedicouse aos estudos históricos e participou en diversas escavacións arqueolóxicas nos castelos do Val do Loira e na rexión de Blésois, onde realizou debuxos dos achados que se sucedían.[2] En 1835, acadou unha medalla no concurso nacional de antigüidades, pola publicación dunha memoria sobre a historia da zona de Sologne, na rexión de Centro-Val de Loira.[3][5]
En 1828, Louis de la Saussaye recibiu en herdanza do seu tío castelo de Troussay,[6] cuxa restauración dirixiu posteriormente, xunto co arquitecto Jules de la Morandière.[1][7]
Foi un erudito autodidacta. Como numismático, foi o fundador e primeiro director da revista Revue de la numismatique française,[3] entre 1835 e 1855, xunto con Étienne Cartier.[5][8] Esta revista, cuxo primeiro número apareceu en 1836, simplificou posteriormente o seu nome a Revue numismatique e tivo unha grande influencia no coñecemento das moedas celtas da Galia, asunto no que de la Saussaye centrou algunhas das súas publicacións.[9][10]
Durante o Segundo Imperio foi nomeado conselleiro xeral de Loira e Cher, polo cantón de Blois oeste, cargo que exerceu entre 1842 e 1869. O 22 de agosto de 1854 recibiu o nomeamento como reitor da Academia de Poitiers, e en setembro 1856 da de Lión.[1] Xubilouse do ámbito académico o 1 de setembro de 1874, despois de 20 anos de servizo, por causa da súa deficiente saúde.[2][3][5]
De la Saussaye participou tamén, como benfeitor, no acrecentamento dos fondos da biblioteca de Blois, entre 1832 e 1855.[1] En 1863, parte da súa colección numismática, sinaladamente composta por moedas galas, foi adquirida para o Gabinete de Medallas do Museo de Belas Artes de Lión.[11]
Foi recoñecido coa pertenza a varias institucións eruditas, entre elas a Société nationale des antiquaires de France (desde 1833),[3] a Académie des inscriptions et belles-lettres (desde o 17 de xaneiro de 1845), a Académie des sciences, belles-lettres et arts de Lyon (desde o 9 de xuño de 1857) ou o Comité des travaux historiques et scientifiques (de 1838 a 1870). Ademais, en 1855 concedéuselle o título de Oficial da Lexión de Honra,[1] e en 1869 foi nomeado a comendador.[2][5]
En 1828, Louis de la Saussaye casou con Amélie Petit-Parreau, con quen tivo varios fillos.[2] Amélie era filla do de Blois, quen lle cedeu o seu cargo a Louis.[1]
Faleceu no castelo de Troussay o 24 de febreiro de 1878,[1][2][3][5] e foi soterrado no cemiterio de Blois.[12]
Publicacións[editar | editar a fonte]
Esta é unha escolma dos traballos monográficos publicados por Louis de la Saussaye ao longo da súa traxectoria académica:[1][2][3][5][13]
- (1833). Essai sur l'origine de la Ville de Blois et sur ses acrosissements. Techener, París.
- (1834). Notice sur le domaine de Chambord. Chotiau.
- (1837). Histoire du château de Chambord [diversas reedicións en vida]..
- (1840). Histoire du château de Blois. Techener [diversas reedicións en vida].
- (1842). Numismatique de la Gaule narbonnaise. Rollin, París.
- (1844). Mémoires sur les antiquités de la Sologne blésoise. Techener, París.
- (1846). Histoire de la ville de Blois. Dumoulin, París.
- (1855). Blois et ses environs, guide artistique et historique dans le Blésois et le nord de la Touraine [diversas reedicións en vida].
- (1858). Premier chapitre d'une histoire littéraire de Lyon. Aimé Vingtrinier, Lión.
- (1858). Notice biographique sur le Compte de Lezay-Marnésia. Aimé Vingtrinier, Lión.
- (1860). "Monnaies des Éduens". En Revue numismatique. 9ª derie. Tomo V. Páxinas 97-112.
- (1863). Tableau général de la noblesse des bailliages de Blois et de Romorantin en 1789. A. Aubry.
- (1865). Mémoire sur l'organisation de l'instruction publique dans l'Empire romain. Impr. impériale.
- (1867). Mémoire sur la voie gallo-romaine d'Orléans à Bourges. Impr. impériale.
- (1869). La Vie et les ouvrages de Denis Papin. Franck, París.
- (1876). Les Six premiers siècles littéraires de la ville de Lyon. Aug. Brun e Aug. Aubry, París e Lión.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 "La Saussaye Jean-François-de-Paule-Louis de". Comité des travaux historiques et scientifiques.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 "La Saussaye Jean François Paule Louis Petit de". En Condette, J-F. (2006). Les recteurs d'académie en France de 1808 à 1940. Tome II. Institut national de recherche pédagogique. Páxina 248. ISBN 2-7342-1046-0
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 Bulletin de la Société nationale des antiquaires de France. París, 1879. Páxinas 37-38.
- ↑ Péan, A. (1860). Histoire généalogique de la maison de La Saussaye. Louis Perrin, Lión.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 5,6 Poidebard, W. et al. (1907). Armorial des bibliophiles de Lyonnais de Lyonnais, Forez, Beaujolais et Dombes. Páxina 340.
- ↑ "Route François Ier en Val de Loire". Routesfrancois1.com
- ↑ "Sur les traces de Louis de la Saussaye au château de Troussay, à Cheverny". La Grenouille (Lagrenouilleenvue.blogspot.com).
- ↑ "Directeurs et sécretaires de la Revue Numnismatique 1836-1986". En Lafaurie, J. "La Revue Numismatique a 150 ans"". En Revue Numismatique. 1986. Páxina 47.
- ↑ Lafaurie, J. "La Revue Numismatique a 150 ans". En Revue Numismatique. 1986.
- ↑ "Les précurseurs de la numismatique gauloise au XIème siècle". Sacramoneta.com
- ↑ Béghain, P. et al. (2009). Dictionnaire historique de Lyon. Stéphane Bachès, Lión. Páxina 834. ISBN 978-2-915266-65-8
- ↑ "Blois (41): cimetière de Blois-ville". Cimetières de France et d'ailleurs (Landrucimetieres.fr).
- ↑ "Louis de La Saussaye". Books.google.com
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Louis de la Saussaye |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Donné, J-P. (2016). "La Saussaye Louis de (1801-1878)". En Saint-Pierre, D. (dir.). Dictionnaire historique des académiciens de Lyon 1700-2016. Éditions de l'Académie, Lión. Páxinas 732-735. ISBN 978-2-9559433-0-4