Lola Beccaria
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1963 (60/61 anos) Ferrol, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | escritora |
Xénero artístico | Novela |
Lingua | Lingua castelá |
Participou en | |
19 de xuño de 2002 | Manifesto Against the Death of the Spirit and the Earth (en) |
María Dolores Beccaria Cigüeña, máis coñecida como Lola Beccaria, nada en Ferrol en 1963, é unha escritora galega en lingua castelá.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
É doutora en filoloxía hispánica e terapeuta Gestalt polo Centro de Terapia e Psicoloxía de Madrid (CTP). Traballou na Real Academia Española como lexicógrafa e lingüista, e actualmente desempeña o seu labor no departamento de consultas lingüísticas. Ademais, colabora como crítica literaria no suplemento cultural ABCD do xornal ABC.
Descubriu e editou unha comedia perdida de Lope de Vega, El otomano famoso (Editorial Áltera, 1996). Foi finalista do Premio Nadal no ano 2000 coa súa novela La Luna en Jorge, e en febreiro de 2009 conseguiu o premio Azorín por El arte de perder[1]
Novelas[editar | editar a fonte]
- La debutante (1996) [2]
- La Luna en Jorge (2000). Finalista do Premio Nadal
- Una mujer desnuda (2004)
- Mariposas en la nieve (2006)
- El arte de perder (2009, pendente de publicación). Premio Azorín 2009.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Lola Beccaria gana el Premio Azorín con la novela 'El arte de perder', El País, 27/2/09
- ↑ En 2004 foi incluído na Biblioteca Gallega de Autores en Castellano de La Voz de Galicia
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Cuevas-Morales, S. (2003): Diccionario universal bio-bibliográfico de autoras que escriben en castellano. Siglo XX. Madrid: Aconcagua Publishing. Páx. 61.