La Iberia (Buenos Aires)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

La Iberia
PaísArxentina
Lingualingua castelá
Fundaciónoutubro de 1908
editar datos en Wikidata ]

La Iberia foi unha revista editada en Buenos Aires entre 1908 e 1914.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Subtitulada Revista española de interés general, apareceu en outubro de 1908. Proclamábase defensora dos intereses españois na Arxentina e estaba dirixido por Julio de la Cuesta. Tivo como xefe de redacción a Joaquín Pesqueira,[1] e como redactor a Francisco S. Martínez;[2] o seu redactor artístico foi Alfredo de Treviño.[3] Ramón Zarauza foi o administrador.[4] Publicou por entregas a novela Flor de maldad de Joaquín Pesqueira,[5] e a novela La demonia de Francisco Porto Rey.[6] Suspendeu a súa publicación durante dous meses para volver reaparecer en novembro de 1909.[7] En xaneiro de 1911 converteuse en quincenal.[8] En xullo de 1914 anunciou o cambio de nome por outro "xenuinamente galego".[9]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Progreso, 3-1-1909, p. 2.
  2. Vida Gallega, abril-1912, p. 44.
  3. Nova Galicia, 2-2-1913, p. 3.
  4. Suevia, 14-6-1913, p. 16.
  5. El Diario de Pontevedra, 5-2-1909, p. 1.
  6. Nova Galicia, 23-4-1911, p. 4.
  7. Nova Galicia, 14-11-1909, p. 2.
  8. Nova Galicia, 2-2-1911, p. 4.
  9. Nova Galicia, 7-7-1914, p. 2.