Língua geral paulista
Língua geral | ||
---|---|---|
Falado en: | Brasil | |
Extinción: | Século XVIII | |
Familia: | Americana Tupí Tupí-guaraní Língua geral | |
Escrita: | latino | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | ---
| |
Mapa | ||
Status | ||
A língua geral paulista ou tupí austral era o termo co que se coñecía unha das dúas língua gerais, unha lingua franca tupí crioula.[1] Falábase orixinalmente en São Vicente, São Paulo, e na parte alta do río Tietê. No século XVI, era amplamente falada en São Paulo e o seu uso estendeuse a rexións veciñas.[1] A comezos de 1750, e por orde do Marqués de Pombal, tódolos nenos brasileiros debían ser ensinados en portugués nas escolas. Por mor disto, a língua geral paulista foi perdendo terreo fronte ao portugués e extinguiuse.[1]