Kuphus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Kuphus
Rango fósil: Oligoceno - presente
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Mollusca
Clase: Bivalvia
Orde: Myoida
Familia: Teredinidae
Xénero: Kuphus
Guettard, 1770[1]
Especie: ''K. polythalamia''
Nome binomial
'Kuphus polythalamia'
(Linnaeus, 1758)[2]
Sinonimia
  • Furcella gigantea (Home, 1806)
  • Kuphus clausa Sowerby, 1875
  • Septaria arenarius Lamarck, 1818
  • Siliquaria bipartita Martin, 1880
  • Teredo dubia Sivickis, 1928
  • Teredo gigantea Home, 1806

Kuphus é un xénero de moluscos bivalvos con forma de verme dentro da familia Teredinidae. Hai dúas especies extintas, Kuphus incrassatus e Kuphus fistula. A única especie viva do xénero é Kuphus polythalamia, que é o molusco bivalvo máis longo do mundo.

Os membros deste xénero segregan tubos calcarios. En tempos de Carl von Linné consideráronse vermes tubulares e clasificáronse dentro do xénero Serpula. Non se debe confundir co anélido Riftia.[3]

Kuphus polythalamia[editar | editar a fonte]

O seu tubo calcario permítelle vivir en terreos enlamados de mangleiral. Os espécimes típicos miden un metro de longo e teñen a forma dunha trompa de elefante. A súa punta anterior é pechada e ten uns 11 cm de diámetro.[4]

Distribución[editar | editar a fonte]

Kuphus polythalamia vive no oeste do océano Pacífico, o leste do océano Índico e a zona Indo-Malaia.[5] A súa distribución inclúe as Filipinas, Sumatra e Mozambique.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Rosenberg, Gary (2010). "Kuphus Guettard, 1770". World Register of Marine Species. Consultado o 2012-01-11. 
  2. 2,0 2,1 Rosenberg, Gary (2010). "Kuphus polythalamia (Linnaeus, 1758)". World Register of Marine Species. Consultado o 2012-01-11. 
  3. Kuphus polythalamia Arquivado 07 de febreiro de 2015 en Wayback Machine. Tideline. Retrieved 2012-01-12.
  4. Xray Conchology by Harry G. Lee Retrieved 2012-01-11.
  5. Kuphus polythalamia (Linnaeus, 1758) OBIS Indo-Pacific Molluscan Database. Retrieved 2012-01-12.