Juan Francisco Miguélez Blanco
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1833 Astorga, España |
Morte | 1 de marzo de 1891 (57/58 anos) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | sacerdote católico , xornalista |
Lingua | Lingua castelá |
Juan Francisco Miguélez Blanco, nado en Astorga cara a 1833 e finado no mesmo concello o 1 de marzo de 1891, foi un sacerdote e xornalista español.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fixo a carreira eclesiástica no Seminario de Astorga. Foi coéngo maxistral da catedral de Mondoñedo onde dirixiu o periódico La Juventud. Foi denunciado por inxurias nun artigo aparecido no periódico en 1885 por Justo Rodríguez Alba,[1] Foi condenado pola Audiencia a sete meses de desterro e 250 pesetas de multa.[2] Foi nomeado cóengo de Astorga a principios de 1886,[3] e foi reitor do Seminario da Astorga. Finou en Astorga o 1 de marzo de 1891 aos 56 anos.[4]