Juan Alonso Tembrás

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJuan Alonso Tembrás
Biografía
Nacemento1949 Editar o valor em Wikidata (74/75 anos)
A Capela, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde das Somozas
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo As Somozas Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Juan Alonso Tembrás, nado na Capela (Seixas, As Somozas) en 1949, é un político galego do Partido Popular, que dende o 2014 é alcalde das Somozas. Ademais preside a UD Somozas, club de fútbol da Terceira División RFEF.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Prexubilado de Endesa, accedeu á corporación municipal das Somozas tras as eleccións municipais de 1991, na lista do Partido Popular. Durante máis de vinte anos foi reelixido no seu cargo como concelleiro, ata que chegou a ser primeiro tenente de alcalde. En 2014 accedeu á alcaldía logo do falecemento do seu antecesor, Manuel Candocia.[1] Nas municipais de 2015 foi o candidato do PPdeG e foi elixido alcalde ao obter todos os concelleiros.[2] Sucedeu tamén a Candocia na presidencia da UD Somozas.[3]

Nas eleccións municipais de 2019 acadou de novo a alcaldía con maioría absoluta.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Redacción (27 de xaneiro de 2014). "El pleno de As Somozas elige alcalde a Juan Alonso Tembrás". elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 23 de xuño de 2023. 
  2. El popular Juan Alonso, alcalde de As Somozas
  3. Valencia, José (19 de abril de 2015). "«Estamos orgullosos del Somozas»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 24 de abril de 2022. 
  4. Concello das Somozas na FEGAMP

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Manuel Candocia
 
Alcalde das Somozas
 
2014 - actualidade
Sucesor:
no cargo