José Mouriño Cuba
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 25 de novembro de 1948 (75 anos) Lousada, España |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | enxeñeiro , biólogo , escritor |
José Mouriño Cuba, nado en Lousada-Xermade o 25 de novembro de 1948, é un enxeñeiro técnico agrícola, biólogo e escritor galego.[1]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Estudou no Instituto Nacional de Ensino Medio de Lugo e na Escola de Enxeñería Técnica Agrícola de Lugo, Traballou no Instituto Nacional de Reforma de Desenvolvemento Agrario en Ourense, en Santiago no IRYDA, participando en proxectos de concentración parcelaria. Tamén estudou Bioloxía e Psicoloxía na Universidade de Santiago de Compostela. Accedeu ao Corpo Especial de Enxeñeiros Agrícolas do Estado, en Ourense, Bilbao e Lugo. Despois accedeu ao Corpo Superior Facultativo da Xunta de Galicia, na Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria como biólogo.[2]
Participou na creación das denominacións de orixe de Galicia,[3] representou o Ministerio de Agricultura no Consello Regulador do Ribeiro e no de Valdeorras. Foi delegado do Colexio de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas e profesor dos I Cursos de Inspectores Medioambientais de Galicia. Tamén foi Xefe do Servizo de Industrialización e Promoción Agroalimentaria da Consellaría de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural en Lugo.[2] Foi cofundador das I Xornadas Agrarias de Ourense.[4]
Ten colaborado en El Progreso,[5] La Voz de Galicia, La Vanguardia, Fronte e cocote, Comunidade Escolar, Semana Vitivinícola etc.
Obra[editar | editar a fonte]
- Ribeira Sacra. Origen y evolución de la Denominación de Calidad (2019). Belagua Ed. 224 páxs. ISBN 978-84-949517-9-4.[4]
Premios e recoñecementos[editar | editar a fonte]
- Embaixador do Queixo do Cebreiro[6]
- Comendador da Orde da Alquitara.
- Billó de Ouro.[7]
- Lacón Galego
- Embaixador do Queixo do Cebreiro
- Proposto como Fillo Predilecto de Xermade en 2022[1] e nomeado en 2023.[8]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 "Proponen a José Mouriño Cuba como hijo predilecto de Xermade". La Voz de Galicia (en castelán). 2022-10-20. Consultado o 2023-09-10.
- ↑ 2,0 2,1 "José Mouriño Cuba Galegos Gallegos". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2023-09-10.
- ↑ X.M.F (2022-05-13). "“Ribeira Sacra foi un dos primeiros proxectos contra a Galicia baleirada”, José Mouriño, artífice da D.O. Ribeira Sacra". Xornal de Lemos. Consultado o 2023-09-10.
- ↑ 4,0 4,1 "Ribeira Sacra. Origen y evolución de la Denominación de Calidad". BELAGUA EDICIONES (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 09 de decembro de 2023. Consultado o 2023-09-10.
- ↑ Lugo, El Progreso de. "El Progreso de Lugo: Periódico líder de Lugo y su Provincia". El Progreso de Lugo (en castelán). Consultado o 2023-09-10.
- ↑ XA, Por Redacción. "Xermade recoñece a José Mouriño como Fillo Predilecto". Galiciaxa.com. Consultado o 2023-09-10.
- ↑ "San Simón" (PDF). mediorural.xunta.gal.
- ↑ Xermade, Secretaria. "Nomeamento de José Mouriño Cuba como fillo predilecto do Concello de Xermade – Concello de Xermade". Consultado o 2023-09-10.