José María Kaydeda
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1920 Madrid, España |
Morte | 16 de novembro de 2006 (85/86 anos) A Coruña, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | escritor |
Lingua | Lingua castelá |
José María Calzada Dalmases, coñecido como José María Kaydeda, nado en Madrid en 1920 e finado na Coruña o 16 de novembro de 2006,[1] foi un escritor español.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Viviu a súa infancia en Ferrol e na Coruña. Sendo mozo trasladouse a Barcelona onde cursou estudos de formación artística. Foi pintor, muralista, escultor, gravador, poeta e ensaísta. Comezou a expoñer en Compostela en 1941, e despois expuxo en España, Suramérica, Portugal e Italia. Recompilou e traduciu ao español os evanxeos apócrifos. Creou unha colección de 5.000 pezas de olaría de toda España. Afincado en Oleiros, alí fundou e dirixiu o Museo dos Oleiros.
Obras[editar | editar a fonte]
- Los apócrifos y otros libros prohibidos, 1987.
- Nueva enciclopedia de las ciencias ocultas, 1991.
- El milenio, el apocalipsis y el fin del mundo, 2001.
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou con Teresa Jorge.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ La Voz de Galicia, 17-11-2006, p. 2, 50.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- José María Kaydeda na Colección Afundación.
- "José María Kaydeda" (31/5/1987) El País (en castelán).
- "Kaydeda, el centenario" (5/10/2019) La Opinión A Coruña (en castelán).